"Non se pode perder máis o tempo": o PPdeG urxe ao TSXG que se retome a tramitación dos parques eólicos paralizados

“Esperamos que a paralización do eólico galego quede nun malo pesadelo e Galicia volva ser referente“.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2025 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, instou ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a retomar "a tramitación dos parques que tiña paralizados", xa que, tras a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), considera que "non parece que exista escusa para seguir mantendo esta situación de bloqueo aos proxectos".

Nunha rolda de prensa este martes, Pazos Couñago, que enviou o seu "apoio" aos técnicos autonómicos que "viron como desde certas instancias se desconfiaba do seu traballo", subliñou que Galicia "non pode perder máis o tempo", unha vez, dixo, "que se sacou de diante esa man negra que estaba a taponar o futuro da industria eólica no país". Para o portavoz popular, ábrese agora "un camiño de normalidade" que, engadiu, "nunca se debería cortar" e no que o Goberno galego "vai continuar traballando con rigor e cumprindo o que marcan as leis".

Neste sentido, destacou que a Xunta "seguirá impulsando medidas pioneiras a nivel estatal" como a aprobación este luns no Consello de "a declaración de excepcionalidade de dous parques eólicos". "Esperamos que a paralización do eólico galego quede nun malo pesadelo e Galicia volva ser referente", aseverou Pazos, que tamén lembrou que está en marcha un proceso de repotenciación co que "diminuirá o número de xeradores" nos montes galegos e "incrementarase a potencia".

Os portavoces parlamentarios do PPdeG no Parlamento, Cristina Sanz, Alberto Pazos Couñago, Paula Prado e Julio García Comesaña, en rolda de prensa na Cámara galega. PPDEG
Os portavoces parlamentarios do PPdeG no Parlamento, Cristina Sanz, Alberto Pazos Couñago, Paula Prado e Julio García Comesaña, en rolda de prensa na Cámara galega. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta