A importancia da reciclaxe de refugallos e aparatos electrónicos: tes unha impresora na casa?

O abandono de impresoras e outros aparellos electrónicos converteuse nun problema ambiental crecente, mentres medra a aposta por servizos de impresión en liña como alternativa máis cómoda e sostible.

Por E.P. | SANTIAGO | 06/08/2025 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

Desde a chegada da internet aos fogares, hai xa algúns anos, cando se puxeron de moda as impresoras e aparellos de fax --estamos a falar de antes da aparición dos teléfonos móbiles-- xurdiu un novo problema que nunca existira por razóns obvias: a acumulación de aparellos electrónicos. As impresoras e cartuchos contaminan o medioambiente polo papel, pola tinta, polos plásticos e outros elementos contaminantes. E é que, poderíase dicir que en case cada domicilio onde houbo ou hai estudantes, persoas que traballan na casa ou simplemente amas de casa, existe polo menos unha impresora ou móbil. Chegados ao momento do final da súa vida útil, preséntanse as preguntas: que facer con eses aparellos? É correcto depositalos no contedor normal? Chéganse a reciclar todos os seus elementos?

Impresora
Impresora | Fonte: Commons

IMPRIMIR COMODAMENTE A UN SERVIZO ONLINE

Calquera que tivese unha impresora, nalgún momento se deu conta do complicadas que son por dentro e de todos os problemas que causan. Ter na casa unha impresora non é pulsar o botonciño e que todo vaia coma a seda. Ou se acaba a tinta cada dúas por tres, ou a máquina non recoñece os cartuchos, ou se atasca o papel... O máis práctico é utilizar un servizo de copistería e imprenta en liña, onde, profesionalmente, imprimirannos todos os arquivos que ordenemos, con servizo de detección de plaxio incluído. Os estudantes poden imprimir traballos, apuntamentos, teses, tesinas, disertacións e todo tipo de documentos. BachelorPrint é un servizo de imprenta profesional que nos permite deseñar o que queremos imprimir, revisar e pedir en liña. E, en caso de apuro, envíannolo de maneira 'exprés a casa'. Usar un servizo de impresión en liña, evítanos ter que manter unha impresora á que lle damos pouco uso e que, no momento que deixa de funcionar, suponnos un problema para reciclala.

STOP AO LIXO ELECTRÓNICO

Tristemente, nas rúas de moitas cidades do mundo acumúlanse impresoras refugadas polos seus irresponsables propietarios, que deixaron de funcionar, ou que, simplemente, xa non son o último neste tipo de aparellos. Os usuarios, faltos de escrúpulos, moitas veces desfanse destes aparellos sen importarlles que estes contaminan enormemente; e non saben, ou prefiren ignorar, que existen puntos de recollida onde estes aparellos electrónicos se depositan e reciclan ecoloxicamente. Para tratar de paliar este problema de abandono de residuos contaminantes, en España, creouse un Real Decreto que regula a recollida e tratamento de residuos e aparellos electrónicos, e este inclúe ás impresoras. Unha vez na planta recicladora sepáranse os seus compoñentes mediante distintos procesos mecánicos e incinéranse as partes que menos contaminan.

O BOOM DAS IMPRESORAS XA PASOU

Desde aquela época na que todo o mundo tiña unha impresora na casa, á época actual, hai moitas diferenzas. A xente deuse conta de que ter unha impresora na casa só crea problemas de espazo ou os cartuchos gástanse demasiado rápido e, ao mercar cartuchos non orixinais, a máquina está deseñada para funcionar mal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta