A Xunta cre que o TSXG desbloqueará os parques eólicos sinalando que "con esta decisión gaña Galicia"

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou que o Goberno galego pretende "ter luz máis barata para os cidadáns"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2025 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asegurou que "non ten ningunha dúbida de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vai traballar para desbloquear os 70 parques eólicos parados", e subliñou á oposición que coa decisión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) "gaña Galicia".

Preguntada polos medios de comunicación nunha rolda de prensa este mércores, a titular de Medio Ambiente explicou que "non tería sentido" que o TSXG non desbloquease os proxectos "porque conta con toda a seguridade xurídica para facelo".

Nesta liña, apuntou que co tempo que pasou "varios deses proxectos seguramente terán que ser modificados", porque "a enxeñaría é moi cambiante e pasados cinco ou seis anos a tecnoloxía avanza".

Isto supón o "dobre de traballo" para as empresas detrás dos parques e a propia administración, pero, a conselleira destacou que a Xunta "está habituada a que lles marquen sempre retos".

Así mesmo, Vázquez reprochou á oposición que menosprezase " o traballo dos técnicos". "Unha parte é política e outra parte é o traballo rigoroso que fan os técnicos, que son os técnicos de todos, incluída a oposición, porque en realidade velan polo cumprimento estrito da lei", subliñou.

Por iso, sentenciou que "aquí non se trata de gañar ou de perder. Aquí gañou Galicia porque fai as cousas ben", e pediulle á oposición que "se van coller algo de vacacións, reflexionen sobre a imaxe que queren dar da Comunidade no exterior".

Con todo, finalizou salientado que o Goberno galego pretende "ter enerxía limpa, enerxía verde, seguir descarbonizando Galicia e ter luz máis barata para os cidadáns".

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, no Parlamento de Galicia
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, no Parlamento de Galicia | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta