Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2025 | Actualizada ás 11:27
O número de usuarios de transporte urbano por autobús en Galicia alcanzou os 5,77 millóns de persoas en xuño, cun aumentou do 9,5% en comparación co mesmo mes de 2024, segundo datos feitos públicos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press. Así, no que vai de ano, os usuarios do bus urbano na Comunidade subiron un 7,8%, se se compara co seis primeiros meses do ano pasado.
A nivel nacional, máis de 185 millóns de persoas optaron polo bus urbano en xuño, un 9,9% máis que no sexto mes de 2024 e crecendo un 4,7% no que vai de ano. Entre outras cifras, o transporte ferroviario de alta velocidade foi utilizado en xuño por máis de 4 millóns de viaxeiros, o que supón un incremento do 14,3% respecto ao mesmo mes do ano anterior, sempre segundo datos do INE.
En xuño, o total do transporte público rexistrou un repunte interanual do 7,2%, ata superar os 500,9 millóns de usuarios, manténdose así en taxas positivas por segundo mes consecutivo despois do ascenso experimentado en maio (+3,4%). Por tipo de transporte, o urbano aumentou un 6,8% interanual e o interurbano un 9,7%. Dentro deste último, destaca o incremento do 12,1% no transporte por ferrocarril.
En total, máis de 147,9 millóns de pasaxeiros utilizaron o transporte interurbano en xuño. Por tipo de transporte, rexistráronse crecementos no transporte por ferrocarril (+12,1%), autobús (+8,6%) e aéreo (+0,2%). En cambio, o transporte o marítimo baixou un 4,7% interanual en xuño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.