Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2025 | Actualizada ás 18:31
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este domingo a relevancia do sector vitivinícola como "marca de identidade" da chamada 'Galicia Calidade'. Así o fixo durante a súa visita á XVIII Feira do Viño de Monterrei. Rueda, que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, referiuse tamén ao apoio da Xunta "a todo o que vira ao redor do viño". En concreto, tanto a adegueiros e viticultores como ao ámbito do enoturismo, así mesmo, subliñou a colaboración coas denominacións de orixe, "que son fundamentais para pór en valor os viños en cada zona".
A XVIII Feira do Viño de Monterrei, que conta coa colaboración da Xunta, reúne desde o pasado venres á maioría das adegas desta denominación de orixe (DO), que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Con todo, a Xunta reivindicou nunha nota de prensa que a produción desta DO segue nos últimos anos un "crecemento constante", superando a colleita do ano pasado por primeira vez, "os 7 millóns de quilos de uva (7.694.464 kg)".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.