Rueda saca peito na Toxa dunha Galicia "á vangarda" dos tratamentos oncolóxicos

A décima edición da Gala Benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que organiza cada verán Grupo Hotusa no Eurostars Gran Hotel La Toja, reuniu na noite do sábado a preto de 150 persoas no hotel. Entre elas, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que mostrou o compromiso do seu Executivo con situar Galicia "á vangarda" dos tratamentos oncóloxicos, e o expresidente do Goberno Mariano Rajoy.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/08/2025 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

A décima edición da Gala Benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que organiza cada verán Grupo Hotusa no Eurostars Gran Hotel La Toja, reuniu na noite do sábado a preto de 150 persoas no hotel. Entre elas, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que mostrou o compromiso do seu Executivo con situar Galicia "á vangarda" dos tratamentos oncóloxicos, e o expresidente do Goberno Mariano Rajoy.

Deste xeito, no acto solidario --presidido polo presidente do Grupo Hotusa, Amancio López Seijas-- participaron numerosas personalidades da contorna política-institucional e económica, así como representantes dos principais medios de comunicación e do mundo socio-cultural. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, e o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, tampouco faltaron a unha cita na que a AECC, beneficiaria da gala, estivo representada por Germán Rodríguez, membro da comisión de nomeamentos e retribucións do consello nacional da asociación, Ana García e Manola Domínguez, presidenta da asociación en Pontevedra e da xunta local no Grove, respectivamente.

"VANGARDA" DE TRATAMENTOS ONCOLÓXICOS

Na súa intervención, Rueda insistiu no "compromiso" da Administración autonómica por situar Galicia "á vangarda" dos tratamentos oncolóxicos. Desta maneira, agradeceu e recoñeceu o traballo que desenvolve a AECC, con máis de 1.200 profesionais, case 36.000 voluntarios e máis de 700.000 socios. Segundo traslada a Xunta, desde o 2018 triplicou a colaboración coa asociación, co obxectivo de financiar programas de apoio ás persoas afectadas polo cancro e aos seus coidadores. Así, o presidente lembrou que a loita contra o cancro é unha das "prioridades" do Goberno galego. Entre outros fitos, destacou a construción do Centro de Protonterapia, unha revolución no tratamento contra o cancro que empezará a tratar pacientes o ano que vén.

Gala benéfica contra o cancro en Illa da Toxa, O Grove, Pontevedra, a 9 de agosto de 2025
Gala benéfica contra o cancro en Illa da Toxa, O Grove, Pontevedra, a 9 de agosto de 2025 | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Neste sentido, puxo de manifesto que "gran parte" do financiamento pertence á Fundación Amancio Ortega. Nos últimos anos, o investimento autonómico en equipamento de alta tecnoloxía para combater a enfermidade nos hospitais galegos sitúase preto dos 120 millóns de euros. Por outra banda, a sanidade pública galega conta xa con nove vías rápidas para axilizar a diagnose e a valoración, é pioneira na introdución e extensión de cribaxes poboacionais e conta cun programa de detección precoz do cancro colorrectal, de mama e de cérvix. Ademais, o Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia ten en marcha cinco proxectos para deseñar novas terapias contra tumores gástricos e de páncreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta