O PPdeG celebra que a sentenza do TJUE sobre a eólica "abre un novo horizonte en Galicia"

Ángeles Vázquez apostou por "restituír a normalidade" despois desta sentenza e comprometeu o labor do Goberno galego para "deixar atrás o parón que houbo durante estes anos

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2025 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O PPdeG celebrou a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) sobre a tramitación dos proxectos eólicos en Galicia porque "abre un novo horizonte de proxectos industriais" e, na súa opinión, fai posible un futuro "con enerxías limpas, industria e emprego" na Comunidade.

Así o trasladou este venres a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, nunha visita que realizou a un parque eólico en Lalín xunto á responsable de Medio Ambiente da Xunta, Ángeles Vázquez, e o senador e alcalde do municipio, José Crespo.

"Nós xa sabiamos que os técnicos da Xunta son uns magníficos profesionais que traballan con rigor, obxectividade e sen outra presión que o cumprimento da lei. Pero fixo falta que o recoñecesen o Tribunal Supremo e, agora o TJUE", defendeu o número dous do PPdeG á vez que mostrou a súa satisfacción polo feito de que "por fin se fixo xustiza fronte ao bloqueo".

Un bloqueo, subliñou, do que culpou "aos de sempre, aos de 'non' sistemático', aos da crítica sen proposta e aos que sempre pon os seus intereses partidistas por encima do interese xeral e do futuro de Galicia.

Así, Prado pediulles "respecto" ás sentenzas xudiciais e esixiu unha desculpa pública para "todas aquelas persoas ás que se lles faltou ao respecto con estas críticas". "A partir de agora será o momento de aproveitar todas as oportunidades que temos por diante, sempre desde o respecto ao medio ambiente e aos galegos e galegas", manifestou secretaria xeral.

"DEIXAR ATRÁS O PARÓN"

Neste contexto, Ángeles Vázquez apostou por "restituír a normalidade" despois desta sentenza e comprometeu o labor do Goberno galego para "deixar atrás o parón que houbo durante estes anos e volver coller o ritmo do futuro".

Ademais, a responsable autonómica pediu a "máxima prema" nas futuras sentenzas xudiciais pendentes e lamentou o "tempo perdido" estes anos: "Despois da claridade que achega a sentenza europea, xa non quedan desculpas e temos que seguir convencendo á poboación do que supón a implantación da eólica en Galicia e que non queda outra cousa que avanzar cara ás enerxías verdes e limpas".

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, acompañada da responsable de Medio Ambiente da Xunta, Anxos Vázquez, e o alcalde de Lalín, José Crespo.. XUNTA
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, acompañada da responsable de Medio Ambiente da Xunta, Anxos Vázquez, e o alcalde de Lalín, José Crespo.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta