O PP aproba só na Deputación de Pontevedra a súa moción contra Pedro Sánchez

Socialistas e nacionalistas negáronse a participar no que denunciaron como "uso partidista" da institución provincial.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/06/2025 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

O grupo Popular da Deputación de Pontevedra aprobou este venres en solitario a única moción presentada no pleno extraordinario deste venres, ao que non acudiron nin socialistas nin nacionalistas, na que se mostra o rexeitamento expreso "á corrupción instalada no seo do PSOE, no Goberno de España e en contorna persoal e político máis próximo ao presidente Pedro Sánchez".

Nun salón inusualmente baleiro, debido a que o BNG e o PSOE non se presentaron ao pleno, o encargado de defender a proposta foi o portavoz 'popular', Jorge Cubela. Comezou subliñando que os deputados que si asistiron rexeitaron cobrar as cantidades que lles corresponderían por acudir, xa que "o único que lles motiva é a defensa do Estado democrático e dereito".

A partir de aí, explicou as razóns polas que o PP presentou esta iniciativa, despois de coñecerse o informe da UCO.  Para Cubela, esta situación está a provocar a perda da "lexitimidade institucional", así como a "degradación do marco democrático", polo que estes feitos só poderían superarse coa "convocatoria inmediata de eleccións xerais".

Con todo, tal como apuntou, as declaracións de Pedro Sánchez para explicar o ocorrido tiñan un "tufo ditatorial" xa que "admitía" que non convocará eleccións porque "o pobo xa non está con el". Na súa intervención, o 'popular' tamén se referiu en varias ocasións aos socialistas e nacionalistas de Pontevedra, que non acudiron ao pleno a "dar a cara". Ademais, criticou o "problema estrutural de corrupción" que ten o PSOE cun "Sanchismo esgotado" e a posición do Bloque, "aliado" dos socailistas." de eleccións.

Imaxe do pleno con só os deputados do PP.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Imaxe do pleno con só os deputados do PP.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

CRÍTICAS DO PP AO BNG

Por outra banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, pediu ao BNG que demostre a "pureza e decencia" da que alardea e "retire de inmediato" os apoios a todos os gobernos do PSOE "que sosteñen". "Esa sería a proba do algodón desa pulcritude que queren trasladar", asegurou Pazos.

Así o fixo este venres nunha rolda de prensa na que remarcou que unha das cuestións que "máis preocupa" aos populares é o "ataque" que o Goberno de España e "todos os seus aliados" lanzan contra a "independencia, imparcialidade e a neutralidade" do Poder Xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta