Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 19/06/2025 | Actualizada ás 18:06
A portavoz do grupo provincial do PSdeG-PSOE na Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesis, denunciou o "uso partidista" que, ao seu xuízo, leva a cabo o PP da institución e anunciou que os socialistas non acudirán ao pleno extraordinario convocado para este venres.
Todo iso tras convocar a petición dos 'populares' unha sesión plenaria extaordinaria cun único punto do día que é o de aprobar unha iniciativa para defender o Estado democrático e de Dereito, así como para expresar a súa repulsa á corrupción "que afecta a contorna persoal e político do presidente do Goberno, Pedro Sánchez".
Ante isto, Iglesias manifestou o seu "rexeitamento" polo "uso partidista" da institución e reivindicou que o "único partido do país cunha sentenza firme condenado como organización criminal para delinquir" é o PP. Tamén apuntou a "ministros da época de Aznar e altos cargos de Rajoy que están no cárcere ou imputados", subliñando que os 'populares' teñen "decenas de casos de corrupción" sobre a mesa.
Segundo ela, o PSOE ten postas en macha "medidas serias e contundentes" porque non tolera "este tipo de actos" no partido. "De ningunha maneira imos participar nun aquelarre como o que pretende o PP para crear máis ruído en lugar de porse a traballar pola provincia que é o que deberían estar a facer", sentenciou.
INICIATIVAS EN TODOS OS CONCELLOS
De feito, o PPdeG levará a todos os concellos galegos e deputacións unha moción en "defensa do estado democrático" e do dereito e en rexeitamento da corrupción. Todo iso, detallou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, durante a súa visita este xoves a Monforte de Lemos, co obxectivo de "dicir xa abonda" á "complicidade" do PSdeG e do BNG ante os feitos "extremadamente graves" que "envolven" ao Goberno central.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.