Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/08/2025 | Actualizada ás 12:50
Un brigadista resultou ferido por queimaduras durante a extinción do incendio de Maceda na tarde do pasado domingo. Segundo informa a Consellería do Medio Rural a Europa Press, un bombeiro forestal do distrito 15 sufriu queimaduras nunha perna e un glúteo "por radiación, non por contacto directo coa chama".
O traballador necesitou ser evacuado a un centro médico. Este luns atópase na súa casa e evoluciona ben. Este lume está estabilizado desde as 23,37 horas do domingo, na parroquia de Castro de Escuadro, que levou a que veciños se marchasen das súas casas pola proximidade ao núcleo da Teixeira --Situación 2 xa desactivada--.
Calcina 400 hectáreas, segundo as últimas estimacións. A Xunta apunta á "clara intencionalidade" por iniciarse en "entre cinco e seis puntos case simultáneos". En conversación con Europa Press o pasado domingo, a alcaldesa, Uxía Oviedo, incidía en que, "polas horas e por como se iniciou, todo apunta a iso", que apelaba á investigación e que o asunto "se esclareza".
A rexedora apuntaba que as perdas son dun "valor incalculable", tanto polo aprecio emocional cara á serra de Maceda, na que avanza o lume queimando un monte repleto de árbores --carballos e salgueiros, entre eles--, como pola súa necesidade para agricultores e gandeiros que viven dela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.