Expertos, empresas e axentes debaten nunha aldea de Chantada sobre a transformación do rural
O evento en cuestión foi o Foro Rural Sustentable, un encontro que chegaba á súa 3ª edición e que reuniu, entre o 25 e o 26 de abril, a máis de cen asistentes vinculados ao rural. Nas tres xornadas poidéronse escoitar as achegas de expertos, empresas e axentes con novas perspectivas para a procura dun rural máis próspero e sostible.