Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 07/05/2025 | Actualizada ás 11:23
A D.O. Valdeorras acudirá do 6 ao 8 de maio a FENAVIN (Feira Nacional do Viño) cun total de 29 viños de 15 adegas diferentes, dos que 22 serán brancos, todos eles da variedade Godello (de añadas do 2024 e 2023); e 7 tintos, mestura de castes nobres, (de añadas comprendidas entre o 2022 e o 2019).
Participará ademais cun Túnel do Viño, actividade moi atractiva polo interese que espertan as catas informadas. "A xente pide información daqueles caldos que lles chaman a atención ao probalos”, explica Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador.
A última edición da feira nacional contou con máis de 1.900 adegas participantes, dato que pon de manifesto a importancia desta cita, “porque dentro das propostas nacionais profesionais, é a que máis empeño pon na internacionalización; veñen distribuidores e empresarios de moitas partes do mundo”, conta Mazaira engadindo tamén que esta presenza "é unha cita establecida desde fai moito tempo no calendario da D.O., de obrigada asistencia”.
FENAVIN 2025
Fenavin é o evento comercial clave para o sector vitivinícola español, considerada como a feira de viño máis importante do país, que convirte este ano a Ciudad Real nun punto de encontro para adegas e compradores nacionais e internacionais do 6 ao 8 de maio.
Desde a organización explican que esta edición será máis internacional que nunca, con especial fincapé en mercados emerxentes como Asia. A feira ofrecerá espazos específicos para fomentar conexións estratéxicas e promover os viños españois en mercados clave para a súa expansión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.