Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 17/05/2025 | Actualizada ás 10:00
A organización da XXVI Feira do Viño de Valdeorras vén de anunciar que a piragüista María Teresa Portela Rivas (Cangas do Morrazo, 5 de maio de 1982) será a elixida para ler o pregón o vindeiro 1 de xuño.
A deportista galega participou en 7 Xogos Olímpicos de xeito ininterrumpido, dende Sydney 2000 ata París 2024 converténdose na muller española con máis participacións olímpicas.
O seu palmarés deportivo é impresionante: medalla de prata nas Olimpiadas de Tokyo 2020, 6 diplomas olímpicos, 17 medallas nos Campionatos do Mundo de Piragüismo, sendo 2 delas de ouro, e outras 17 no Campionato de Europa, das que 7 foron de ouro.
Pola sua traxectoria foi distinguida dúas veces coa Real Orden do Mérito Deportivo (medalla de bronce en 2004 e medalla de prata en 2013), ademais de recibir a Medalla Castelao da Xunta de Galicia en 2019.
Tamén completou unha importante formación académica, obtendo o Grado de Fisioterapia e a Diplomatura de Mestra. A nivel persoal, Teresa Portela comentou recentemente que “a maternidade foi a miña gran medalla, e a conciliación, o meu gran reto diario”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.