Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 03/05/2025 | Actualizada ás 10:00
A XXVI Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará na praza da Viloira, O Barco de Valdeorras, os vindeiros 31 de maio e 1 de xuño, xa ten cartel oficial do evento.
A proposta gañadora, premiada con 1.000 euros e bautizada co título “Explosión de viño”, chegou desde Estella-Lizarra (Navarra) e foi elexida entre un total de 55 presentadas ao concurso. O autor da mesma, Raúl López Martín, é licenciado en Belas Artes, diseñador gráfico e ilustrador.
DESCRICIÓN DA OBRA
A gráfica do cartel seleccionado evoca a figura dunha botella, debuxada tras unha explosión de viño, que posee dúas versións de cor, emulando as variedades brancas e tintas da D.O. Valdeorras. O xurado valorou especialmente o “impacto que provoca a gráfica do cartel” e a súa “versatilidade á hora de adaptalo a diferentes aplicacións” que son necesarias nas accións promocionais da feira.
O XURADO
Nesta ocasión, formaron parte do xurado, a tenenta de alcalde de Vilamartín, Sherezade Núñez; o fotógrafo, Javier Brasa; a deseñadora, Verónica Vieira; a xornalista Raquel F. Cruz; e a secretaria do Consello Regulador, Patricia de Andrés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.