Pilar de Lara, no marco da 'Operación Cóndor', asignou a condición de testemuña protexida a unha persoa que supostamente foi ameazada do investigado Raúl López.
  comenta   0
José Luis Costa Pillado está sendo investigado pola xuíza de Lara por, supostamente, ter asesorado ao empresario Raúl López no cambio dunha normativa de transporte para favorecelo.
  comenta   1
Os socialistas din que "van máis alá dun detalle de cortesía" e apuntan a que os regalos teñen que ver con certas contratacións.
  comenta   0
"É evidente que nalgúns casos hai aforamentos que non teñen moito sentido", di e asegura ser partidario de "revisar" este tipo de casos "con relación ao tipo de delito".
  comenta   0
A Xunta agochou por dúas veces datos á maxistrada lucense sobre a súa participación a través de Sodiga no capital do grupo Monbus. Donado Campos queixouse no xulgado da pasividade da Xunta ante as supostas irregularidades cometidas pola empresa de Raúl López na liña de transporte entre Santiago e Os Tilos. A Xunta participou ata en tres ocasións en ampliacións de capital de Monbus.
  comenta   0
Nun documento de Vixilancia Aduanera figuran varios pagamentos anuais da Deputación de Pontevedra a Transportes a Unión S.A (do grupo Monbus) por máis de 112.000 euros.
  comenta   0
O presidente da Xunta criticaba hai case tres anos os regalos que algúns cargos públicos recibiron da trama da Operación Pokemon. Pouco despois aprobaba un Código de Boas Prácticas. A xuíza cre que eses regalos puideron influír en tratos de favor por parte da Xunta.
  comenta   1
En Marea ve unha "relación controvertida" entre PP e a empresa de Raúl López, o PSdeG que sexa "coherente" co que pediu a outros e o BNG que inclumpliu a Lei de Transparencia do Bipartito.
  comenta   0
"É outra filtración parcial máis que quedará en nada", di o presidente da Xunta nunha entrevista no xornal coruñés que evitou informar sobre estes agasallos.
  comenta   4
Un auto da xuíza Pilar de Lara establece a partir dos 400 euros “capacidad para turbar la imparcialidad de los funcionarios y autoridades” nos agasallos de Monbus. Rafael Louzán, entre os novos imputados. Entre os que recibiron estes regalos están altos cargos da Xunta e do Goberno central.
  comenta   1
O primeiro informe do fiscal de Lugo apoiaba as teses da xuíza De Lara para enviar as dilixencias ao Superior de Galicia, pero o ministerio rectificou axiña e pediu o "sobresemento definitivo" tras consultar co Fiscal Xeral do Estado e coa Fiscalía Superior de Galicia. Argumenta que “una parte mayoritaria de la sociedad consideraba como usos sociales arraigados” enviar lotes de Vega Sicilia de ata 875 euros como aguinaldo.
  comenta   6
O empresario Raúl López, xa imputado por subornos, regalou ao presidente e vicepresidente da Xunta lotes de Vega Sicilia por valor de máis de 2.000 euros. As empresas do lucense obtiveron contratos de máis de 23 millóns coa Xunta.
  comenta   8