Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 22/01/2025 | Actualizada ás 09:00
ACRUAGA, a Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas galegos e Indicacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, vén de organizar unhas xornadas de promoción cunha cata dirixida polo prestixioso 'Master of Wine' Pedro Ballesteros. O encontro tivo lugar no Pazo de Quián, en Sergude (Concello de Boqueixón).
O Consello Regulador da D.O. Valdeorras presentou un total de 54 viños amparados, 27 brancos e 27 tintos. En palabras do devandito organismo, quédanse coas declaracións de Jorge Mazaira, director técnico do encontro promocional: “que un Master of Wine do prestixio internacional de Pedro Ballesteros veña a Galicia a probar os nosos viños, xa é unha gran nova, pero se ademais veña da man dunha das revistas máis importantes do sector en Europa como Club Oenologique, podemos afirmar, sen medo a equivocarnos, que estamos ante unha oportunidade única para poñer en valor os viños valdeorreses en mercados interesantísimos para nós como o británico”.
O evento conseguiu reunir un total de 232 viños, 160 brancos e 72 tintos, procedentes de todas as denominacións de orixe de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.