Imaxe de Altri / Podemos - Arquivo

Industrializar Galiza. Vaia uma ironia!

GC Aberto

A respeito do Foro Fieito que declara sua intenção:«dar un paso a favor del desarrollo industrial sostenible y de la transición ecológica« que nasce como consequência da rebelião popular contra o anuncio da instalação duma fábrica de celulose no coração da Galiza: A Ulhoa.

Adela Figueroa Panisse. Vogal de Mobilidade e transportes de ADEGA. Presidenta de ADEGA-Lugo
Galiza já está industrializada. Tem uma industria leiteira que é ponteira dentro do estado espanhol. Com 3.001.683 de Tm representa mais do 41% do total de Espanha. Uma industria madeireira que extrai de Galiza toda uma riqueza sem comparanza, Em Galiza realizam-se a metade das cortas de toda Espanha. Representa o 43% da produção espanhola em madeira asserrada e o 33% da madeira de tabuleiro e ainda o 35% da pasta de papel. As industrias do turismo, nomeadamente ligadas ao caminho de Santiago representam uma industria que dá muito beneficio e bem repartido. Os médios de Comunicação e alguns sindicatos somente chamam industria à que tem grandes maquinarias, que move toneladas de terras, que consome água a eito e que gera alguns postos de trabalho que normalmente estão subsidiados. ELNOSA e Celulosa na ria de Pontevedra destruiu milheiros de postos de trabalho de mulheres mariscadoras e outros dependentes do marisqueio a custo de criar uns poucos trabalhos de secretárias na fábrica de celulosas. Postos de trabalho subsidiados e que polo tanto custam a todos os que temos a nacionalidade espanhola muitos euros dos nossos impostos. A Empresa ALCOA recebeu o ano passado 18 milhões de euros, a mais alta das ajudas do estado, para seguir funcionando. Gostaria eu saber quantos pequenos empresários recebem subsídios para ajudas ao pagamento de hipotecas, eletricidade, gas etc. Ainda eu pergunto, quanto nos custa cada posto de trabalho destas industrias multinacionais que pertencem a nenhum país que tributam em Madrid ou não se sabe onde mas que cá deixam lixo sem recolher e destruição ambiental irreversível. Como a balsa de lodos de ALCOA ou como as pedreiras abandonadas do Courel, ou o desastre ambiental que provoca a celulosa da Ria de Pontevedra ou a de Vigo aganada de lixo e afogada de formigão num incessante roubo de espaço ao mar.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participan na canle de Youtube de Jordi Sabaté / DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

O fracaso da política social en Galiza

GC Aberto

Acabo de ver con estupor o vídeo subido a Instagram polo novo equipo de goberno da Xunta de Galicia. En concreto vexo á sorrinte Fabiola García, repetindo á fronte da ConsellerÍa de Política Social e Igualdade, sinalándome co dedo e rindo.

Ecoloxistas alertan da presenza de cinco especies en perigo de extinción nos terreos que pretende ocupar Altri / ADEGA

Tetilla Altri-Ulloa

GC Aberto

Que Galiza triplicara a súa débeda ou sexa unha das comunidades con peor calidade de vida do Estado Español é algo conxuntural. Espontáneo máis ben. Que según a RAG significa que se produce por impulso propio, sen necesidade de intervención externa. Igual que sae unha macrolepiota baixo unha berza cando chega o outono.

Arquivo - A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, pousa tras unha entrevista para Europa Press, no Parlamento de Galicia, a 18 de xaneiro de 2023, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Pontón é ou. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

Uma nova Galiza?. Reflexões

GC Aberto

Após as eleições do 18 de fevereiro de 2024, muita gente saiu ao publico para refletir sobre o fenómeno galego. Li, escutei e falei sobre as minhas opiniões com pessoal achegado ideologicamente e outros não tanto. A radio deu diversas opiniões de vários e varias polítologas /os tertulianas e outras vozes “opinatorias”. O maravilhoso crescimento do Bloque Nacionalista galego foi alvo de múltiplas interpretações. Segundo alguns pode ser resultado de votos emprestados do PSOE ( Eu não acredito) Outrem opina que é uma situação conjuntural, outros simplesmente ficaram expectantes.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

Novo peche informativo

GC Aberto

En Democracia o poder da Prensa non é un simple Negocio Privado...

A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á presidencia da Xunta, Ana Pontón / César Argina - Europa Press

O BNG sobe, Galiza non

GC Aberto

O Sector primario tomando as estradas en contra das Políticas de Bruxelas. Escoitastes nas Eleccións Galegas unha soa palabra sobre esta UE?

Varias persoas realizan un escrutinio de votos con motivo das eleccións de Galicia, no IES Illas Cíes / Adrián Irago - Arquivo

Galiza votou! Pobre Galiza

GC Aberto

Lembramos os versos de Rosalia( Cantares Gallegos):Probe Galicia, non debes. chamarte nunca española,. que España de ti se olvida. cando eres, ¡ai!, tan hermosa .

Reunións sectoriais Lei Galega de Dereitos Culturais. Foto: Cedida por Roberto Pascual.

Cambio de paradigma cultural

GC Aberto

"Galicia precisa hoxe un cambio de modelo cultural. Soster, mellorar e integrar os organismos que xa existen e mudar as dinámicas tanto de proxección internacional coma de acompañamento no territorio, para eliminar as verdadeiras barreiras coa cultura, as de clase, as barreiras psicolóxicas ou as dos medos e prexuízos coa cultura".

Preguntabámonos noutro artigo publicado neste mesmo espazo, hai un ano e medio: Que quedará despois da saturación e da afonía da hipérbole? Que nos traerá a resaca do Xacobeo? Hoxe podemos formularnos outra pregunta, máis alá: que legado cultural nos deixa, tras 15 anos, o Goberno galego do Partido Popular?
Esgotando xa a lexislatura, o Parlamento de Galicia iniciaba os trámites dun Anteproxecto de Lei de Cultura Inclusiva e Accesible, proposta polo executivo, da que os sectores profesionais da cultura escasa información teñen e que, visto o texto a trámite, incide na perpetuación do modelo actual de dinámicas culturais: produción e consumo a monte, co comodín amable da participación de todas as persoas. Derivado dese texto anunciado e non aprobado, o mesmo Partido Popular propón como medida cultural para estas eleccións do 18F unha rede de cultura no rural, de novo incidindo nunha visión caduca do paradigma cultural no ámbito público, de acordo ás tendencias da maioría dos sistemas máis avanzados da nosa contorna. Tal e como a presentan os seus responsables, a idea principal é garantir unha programación de calidade no rural e levar a cultura ó medio rural.

Muller depositando o seu vota en urna durante as pasadas eleccións galegas / EUROPA PRESS - Arquivo

Non lles votes

GC Aberto

A indemnización que se pactou foi en diferido… en forma de simulación… ou do que fose. Pode vostede estar seguro, e poden estar seguros todas as persoas que nos están vendo que lles estou dicindo a verdade : o réxime iraquí ten armas de destrucción masiva (máis de 600.000 mortos).

Francisco Maceira, xubilado da Armada
Que se fodan! (aos parados).

Dúas nenas migrantes estudando na clase / Unicef - Arquivo

Dilatación ou purificación da identidade

GC Aberto

A cuestión da inmigración (proletarios/as nómades) non debe tratarse con políticas que impoñen a súa integración-asimilación nas linguas e culturas das nacións ás que chegan, tal e como están a facer os estados no mundo capitalista globalizado.

Nicolás Xamardo
Profesor Honorífico da UPV/EHU

Constitución española/Vía Galega

Sobre a Constitución, as «persoas discapacitadas», os políticos e a ideoloxía de xénero

GC Aberto

Retomando a nova redacción do artigo 49 da Constitución española de 1978, alén do rechamante que resulta que as mulleres aparezan equiparadas, como foi tradicional ao longo da historia, aos menores de idade, é evidente que non todos os discapacitados teñen as mesmas necesidades; non obstante, estas non dependen en absoluto do xénero.

Como é de xeral coñecemento, o 18 de xaneiro deste ano o Congreso dos Deputados aprobou a reforma do artigo 49 da Constitución de 1978 para substituír a palabra «diminuídos» pola locución «persoas discapacitadas». E o día 25 do mesmo mes o Senado fixo o propio.
Porén, este cambio é unha simple maquillaxe semántica —procedemento cosmético que goza de gran querenza entre a actual clase política— e se o analizamos con certa profundidade tomaremos conciencia de que empeora a consideración dada a quen padece limitacións de carácter físico, mental ou sensorial. É o que nos ensina a etimoloxía: o prefixo grego «dys» significa «dificultade» («disfaxia» é a dificultade para deglutir) e tamén «mal» («dispepsia» é o termo médico indicativo de malas dixestións).

Cruz franquista do Castro nunha cerimonia relixiosa

Hai que retirar as cruces dos caídos de vigo, Neda e Dueñas

GC Aberto

ESCRITO A ÁNGEL GABILONDO, “DEFENSOR DEL PUEBLO”, PARA QUE SE RETIREN AS CRUCES DOS CAÍDOS DE VIGO, NEDA (A CORUÑA) E DUEÑAS (PALENCIA) EN CUMPRIMENTO DA LEY DE MEMORIA DEMOCRÁTICA

Manuel Monge, vítima franquista
En primeiro lugar, felicito a Ángel Gabilondo polo escrito que enviou ao goberno municipal de Elche (Alacante), instando á retirada da cruz dos caídos do Paseo de Germanías desa cidade: “Es un elemento contrario a la memoria democrática y a la dignidad de las víctimas que deben ser retirados o eliminados, sin necesidad de evidenciarlo con una placa o una inscripción”. Por outra parte, o escrito de Ángel Gabilondo sinala que “el monumento mantiene el signficado atribuido con ocasión de su construcción en 1944”.