Animalistas piden suspender a carreira de asnos de Padrón

Libera! cre que se pode "evitar posibles danos" e "sufrimentos" aos animais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2019 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera! pediu este luns ao Concello de Padrón (A Coruña) que suspenda a carreira de asnos que organiza o propio consistorio este mércores, día 24 de xullo, para "evitar posibles danos" e "sufrimentos" aos animais.

A ONG mostra as súas dúbidas de que este evento cumpra coas garantías mínimas de seguridade contempladas na Lei de Espectáculos Públicos de Galicia.

Carreira de asnos de Padrón
Carreira de asnos de Padrón | Fonte: www.pontecesures.net

Libera! asegura que hai moitas actividades alternativas a realizar no marco do Festival Asnot. "Realizar carreiras con animais non só é lesivo para eles, senón que responde a un criterio caduco de diversión, que explota animais baixo un fin económico, como os premios que se outorgan", censura a asociación, que critica que non se fomente o coidado e o respecto polos mesmos e o medio natural".

Ademais, o colectivo informou de que achegou ao Concello de Padrón un informe apoiado por "máis de 450" profesionais que forman parte Asociación de Veterinarios Abolicionistas da Tauromaquia e dos Malos tratos Animais que detalla os sufrimentos que padecen os équidos.

Segundo indicou, o documento reflicte as "evidencias atopadas tras a análise destas carreiras de burros, como situacións de tensións e medo, sufrimento durante o transporte destes animais ao lugar da competición, así como traumatismos e lesións producidas en convocatorias similares ao longo da xeografía española".

Así mesmo, conclúe que os animais son sometidos a ambientes antinaturais, sufrindo uns malos tratos psíquicos e físicos incompatibles co cumprimento da normativa sobre benestar e protección dos mesmos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta