O BNG denuncia unha "caza de bruxas" contra a CIG por parte do "bigoberno" do Concello de Ourense

O partido critica que se "lles vetou o acceso" a unha reunión con representantes dos sindicatos do corpo de bombeiros do municipio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2019 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

O BNG denunciou a "caza de bruxas" que está a levar a cabo, ao seu xuízo, o "bigoberno" do Concello de Ourense contra a Confederación Intersindical Galega (CIG), xa que este martes "se lles vetou o acceso" a unha reunión con representantes dos sindicatos do corpo de bombeiros do municipio.

"Resulta intolerable que se lle poida vetar a entrada a unha reunión a un representante dun sindicato polo mero feito de non ser membros do corpo de bombeiros", reprochou o portavoz municipal do BNG, Luís Seara, segundo recolle o BNG nun comunicado, no cal se solidarizou coa CIG por estes feitos.

Así, criticou que "se está falando dunha organización sindical que ten un membro na xunta de persoal", un representante sindical "elixido os traballadores" e ao que estes "comisionaron para acudir en representación da súa organización sindical".

"Isto só se pode entender desde a óptica sectaria, discriminatoria e antisindical do goberno bipartito de Democracia Ourensana e PP, ademais de constituír unha vulneración dos dereitos sindicais recoñecidos nas distintas leis", lamentou.

Para Seara, detrás desta decisión "escóndese un talante profundamente antinacionalista do actual concelleiro de Persoal" que, segundo el, "parece que non lle agrada sentar á mesa con aqueles que cuestionan o seu modo de proceder na política de persoal".

O alcalde de Ourense, Gonzálo Pérez Jácome, e o seu equipo. ARQUIVO.
O alcalde de Ourense, Gonzálo Pérez Jácome, e o seu equipo. ARQUIVO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta