O Parlamento reclama unha base das BRIF para a loita contraincendios en Galicia

O Parlamento galego aprobou, por unanimidade a proposta do PPdeG, unha iniciativa na que reclama ao Goberno central a creación dunha nova Brigada de Reforzo contra Incendios Forestais (BRIF) con base en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2025 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou, por unanimidade a proposta do PPdeG, unha iniciativa na que reclama ao Goberno central a creación dunha nova Brigada de Reforzo contra Incendios Forestais (BRIF) con base en Galicia.

Esta petición busca mellorar o dispositivo de prevención e loita contra os lumes, así como "pór fin á situación de discriminación que se produce coa actual distribución das bases polo territorio".

O deputado popular Ángel Rodríguez explicou que as brigadas de reforzo en incendios forestais son unidades helitransportadas compostas por persoal altamente especializado na extinción. Estas unidades foron creadas en 1992 tras os grandes incendios ocorridos en España ocorridos naqueles anos.

Rodríguez advirte de que a zona noroeste é a máis afectada os incendios en España. Subliña as especiais condicións da comunidade galega para albergar esta nova BRIF, como os peroodos con circunstancias meteorolóxicas extremas; as moi altas intensidades e velocidades de propagación dos incendios; a dispersión da poboación; a simultaneidade de moitos dos lumes forestais e a alta probabilidade de que os incendios se reproduzan en períodos de seca debido á textura e estrutura do chan.

Por outra banda, a Comisión de Agricultura sacou adiante outro acordo, tamén do PP, que pasa por mostrar o rexeitamento a calquera proposta que implique unha redución substancial de fondos europeos destinados ao sector agrícola e gandeiro no próximo marco financeiro 2028-2034.

Demanda ao Goberno central que propoña un financiamento adecuado que garanta os obxectivos da Política Agraria Común (PAC) e defenda no Consello da UE o mantemento dun orzamento específico e suficiente.

Brigadistas no incendio en Quiroga
Brigadistas no incendio en Quiroga | Fonte: ATBRIF - @AT_Brif. Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta