Vídeos: A Irmandiña ensínalle a bailar música galega a Irlanda

As xogadoras da selección galega de fútbol gaélico lanzáronse a ensinarlle uns pases de muiñeira ás súas colegas irlandesas mentres tocaban unha peza de música tradicional de Irlanda. Tanto a selección galega masculina como a feminina están xa en cuartos de final do Mundial de Fútbol Gaélico.

Por Galicia Confidencial | Irlanda | 31/07/2019 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

A Selección Galega de Fútbol Gaélico, a Irmandiña, está conquistando Irlanda e xa non só polo seu xogo, que tamén, senón porque non teñen reparos en facer súa a música tradicional irlandesa para lanzarse a aprenderlle as súas colegas de Eyre unha tradicional muñeira galega.

Xogadoras da Selección Galega de Fútbol Gaélico ensinándolle uns pasos de muñeira ás xogadoras Irlandesas
Xogadoras da Selección Galega de Fútbol Gaélico ensinándolle uns pasos de muñeira ás xogadoras Irlandesas | Fonte: Irmandiña

A imaxe tivo lugar durante o Mundial de Fútbol Gaélico que estes días se celebra en Irlanda e onde tanto o combinado masculino como o feminino están dando mostras da súa grande fortaleza. Os dous equipos están xa clasificados para os cuartos de final.

En 2015 a Gaelic Athletic Association (GAA) creou os xogos mundiais, que nesta terceira edición reúnen 85 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras de todas as partes do mundo. O evento acollerá unha fase “Irish” na que só xogan irlandeses que viven fóra de Irlanda e outra “Native” na que compite o noso país e outras seleccións formadas por deportistas non irlandeses

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Milesiam

Galiza conquerindo Irlanda por segunda vez... ;-) TaL agus SAOR EIRE!