A comezos dos anos 70, este abulense conseguiu o apoio do réxime franquista para crear un centro de estudos españois en Dublín. Aínda en plena ditadura, decidiu ampliar a oferta con galego, catalán e euskera, unha aposta que provocaría “reticencias" en Madrid. Conversamos con el sobre lingua, política e vellez: "de que serve ter linguas cooficiais se non poden estudar en toda España?".