Turexpo Galicia 2025: unha efectiva plataforma de negocio para máis de 30 turoperadores

Contará coa presenza en países como Alemaña, Canadá, España, Estados Unidos, Irlanda, Países Baixos, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Indonesia e Serbia. Este salón turístico chega á súa décimo cuarta edición e terá lugar do 5 ao 8 de xuño na Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

Por Galicia Confidencial | Silleda | 01/06/2025 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O XIV Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2025, que se desenvolverá en Silleda do 5 ao 8 de xuño, conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia e a súa xa recoñecida Bolsa de Contratación (unha efectiva plataforma de negocio para a oferta turística participante).

Bolsa de contratación 'Turexpo 2024'. Foto: Feira Internacional de Galicia Abanca.
Bolsa de contratación 'Turexpo 2024'. Foto: Feira Internacional de Galicia Abanca.

A organización explica que están confirmados máis de 30 operadores turísticos que están asentados en Alemaña, Canadá, España, Estados Unidos, Irlanda, Países Baixos, Polonia, Portugal e, nesta ocasión e por primeira vez, Indonesia e Serbia.

OPERADORES TURÍSTICOS

Na súa maioría trátase de axencias tradicionais ou axencias de “incoming” (axencias de receptivo especializados en destino España e Portugal que traballan para emisores doutros mercados), buscando outras especificamente propostas relacionadas con turismo activo e de natureza, gastronómico, educativo para estudantes, de festas e festivais, sostible ou relixioso, sendo este último o caso do operador indonesio.

Nestes encontros, os operadores turísticos adoitan buscar hoteis, empresas de servizos, axencias de viaxes, propostas tanto de lecer e cultura como gastronómicas e de enoturismo, ademais de parques naturais, empresas de transporte ou maioristas.

Estes operadores coñecerán a oferta de empresas do sector do turismo, a maioría galegas, e tamén destinos co obxectivo de incorporalas ás ofertas que farán aos seus clientes nos países nos que operan. Será a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas que terán lugar xunto á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

VIAXES DE FAMILIARIZACIÓN POLA ESTRADA, O RIBEIRO E VILAGARCÍA

Ademais destas mesas de negocio ofreceranse aos operadores asistentes ao encontro de Silleda a posibilidade de realizar viaxes de familiarización que comezarán o sábado 6 de xuño pola tarde cunha visita ao Pazo de Oca e os seus históricos xardíns en A Estrada.

O sábado 7 de xuño coñecerán a comarca do Ribeiro, con parada e comida no Pazo de Toubes, en Riobó (Cenlle), e visitas ás localidades de Ribadavia e Ourense, onde coñecerán distintas zonas da cidade e a súa catedral.

O último día, o domingo 8 de xuño, terán dúas opcións, ben visitar Santiago de Compostela e a súa catedral ou, para aqueles que xa coñecen a cidade, descubrir o Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta