A 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos pecharon as súas portas tras cadro días de moita actividade comercial e de lecer con importante presenza internacional.
  comenta   0
O recinto Feira Internacional de Galicia Abanca acolleu o XII Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo Pura Raza Galega. Participaron once exemplares desta raza autóctona en perigo de extinción e houbo unha exhibición de rapa. Ademais do cabalo, tamén houbo espazo para a visibilidade canina con demostracións e a celebración da Copa Federación Abanca Semana Verde de Galicia de 'agility'.
  comenta   0
Faino coa súa mellor cifra de expositores, 748 de oito países, e cunha programación de actividades que van dende mesas de negocio a conferencias e demostracións.
  comenta   0
O evento terá lugar do 5 ao 8 de xuño en Silleda e, en palabras da organización, "pretende ser tanto un escaparate de Galicia para o mundo, como do mundo para Galicia". Salientar tamén a celebración da 'XI Feira de Festas de Interese Turístico, Festur 2025' e a presenza dunha importante misión comercial mexicana.
  comenta   0
Contará coa presenza en países como Alemaña, Canadá, España, Estados Unidos, Irlanda, Países Baixos, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Indonesia e Serbia. Este salón turístico chega á súa décimo cuarta edición e terá lugar do 5 ao 8 de xuño na Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.
  comenta   0
Na propia web da Universidade Intercontinental da Empresa figura que un grao en Psicoloxía ten unha matrícula de 10.500 euros anuais, polo que o seu custo total roldaría os 42.000 euros. "Só quen ten posibilidades económicas poderá acceder a esa universidade", sinalou o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello.
  comenta   0
A acción enmarcada no proxecto PLANCTO de Afundación contou co apoio institucional e permitiu retirar aparellos de pesca, plásticos e ata 300 cabichas
  comenta   0
"Os estudantes estarán no centro dun modelo oposto á masificación, con prácticas individualizadas e en grupo, e con tutorías e mentorización permanentes", destacan nun comunicado de prensa conxunto
  comenta   0
Sinala que a actual configuración do accionariado e escala de Abanca "permiten poder explorar calquera tipo de oportunidade", pero "tendo claro" que: "Se gobernación e modelo de negocio non prevalecen, non nos interesa".
  comenta   0
Unicaja di que está centrada na execución do seu plan estratéxico e Sabadell declina facer comentarios sobre "especulacións".
  comenta   0
O deputado socialista, Julio Abalde, denunciou que esta institución académica privada, nacida en 2022, recibe un "trato diferente" ao tres públicas que hai en Galicia, entre as cales hai un "diálogo" e "entendemento" para evitar duplicidades de titulacións
  comenta   0
En Galicia, as empresas que utilizan a lingua galega, engaden un valor emocional e simbólico á súa mensaxe. As que utilizan o castelán non engaden nada.
  comenta   0
Xulgados galegos condenan a bancos a devolver máis de 20.000 euros a clientes vítimas de estafas bancarias.
  comenta   0
A axencia de cualificación crediticia DBRS, ve con bos ollos que a rendibilidade está apoiada nun perímetro de negocio mellor, cunha estrutura de custos lixeira e con sinerxías aínda por materializarse
  comenta   0
O Galicia Confidencial tivo acceso exclusivo ao informe elaborado por parte do Grupo de investigación de Branqueo de Capitais da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía Nacional (UDEF) a raíz da investigación realizada sobre a información bancaria do grupo de empresas que integraban Editorial Compostela. Agora, El Correo Gallego é propiedade do grupo Prensa Ibérica tras non poder superar a súa situación económica e saír a poxa pública.
  comenta   0
Entre os ámbitos que estarán presentes destacan a cosmética e a maquillaxe, salóns de peiteado e estilismo, uñas e manicura, estética avanzada e benestar, formación, barbería ou sustentabilidade.
  comenta   0
A prexudicada recibiu en xullo de 2021 unha chamaba na que os estafadores simulaban ser o teléfono de atención ao cliente de Abanca e conseguiron que lles dese as súas claves, con dous cargos por importes de 9.992,85 euros e 9.938,01 euros
  comenta   0
O recurso deriva da negativa do Concello de pagar o patrocinio do concerto, alegando que se tramitou un concurso público que, finalmente, quedou deserto.
Con respecto a Galicia, o presidente de Abanca sinalou que é unha das comunidades con maior crecemento, grazas ao comportamento de ámbitos como os servizos, o turismo ou as exportacións, e destacou que, neste "crecemento diferencial", Abanca foi "un actor relevante como principal financiador de empresas e familias"
  comenta   0
Traballa con máis de 3.000 provedores, abona 214 millóns en impostos e conta con 4.193 empregados na comunidade.
  comenta   0
Será o vindeiro domingo 12 de xaneiro ás 12:00 h. e reunirá a artistas da talla de Tania Veiras, Pili Pampín, Mago Teto, Gin Toni's e o Grupo de Baile Saudeter Ourense. A presentación correrá a cargo das comunicadoras Lucía Regueiro e Lucía Veiga.
  comenta   0
As facultades galegas de Dereito tamén cualificaron como "sorprendente" que a UIE publicite o novo grao sen que estea aínda verificado nin autorizado polos órganos competentes
  comenta   0
Os premios, que se entregan a nivel nacional, distinguen anualmente o labor daquelas entidades e fundacións que demostraron un alto grao de compromiso coa sociedade e coa contorna, tal e como destacou Afundación nun comunicado
  comenta   0
Abanca recomprará finalmente 204,9 millóns dos 300 millóns que compuñan a emisión de obrigacións subordinadas que se ofreceu a amortizar anticipadamente a semana pasada, segundo notificou á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
  comenta   0
Os convenios foron subscritos por Gabriel González Eiroa, director xeneral Comercial de Abanca; Pedro Otero, director xerente de Afundación, e José Bernardo Silveira, presidente de AGEF
  comenta   0
Finalmente, pechouse con máis de 150 ordes individuais. Abanca ha afirmdado que esta operación reflicte "a calidade do nome" da entidade no mercado de crédito
  comenta   0
Moody's sinala que a rendibilidade do banco impulsouse grazas á subida de tipos de interese que comezou a aplicarse a mediados de 2022 e que supuxo para a entidade un aumento da marxe de clientes de case 200 puntos básicos entre o segundo trimestre de 2022 e o segundo trimestre de 2024
  comenta   0
A Obra Social de Abanca anunciou o pasado día 30 que se sumaba ás iniciativas de solidariedade por mor da gravidade dos efectos ocasionados pola DANA
  comenta   0
Aproveitando a súa proximidade con ela, subtraeu un cartón bancario que a muller tiña gardada entre as súas pertenzas, xunto cun papel no que anotara o 'pin' do cartón.