Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2025 | Actualizada ás 14:38
A Universidade de Economía e Comercio Internacional (UIBE), con sede en Pequín, e a Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) --a universidade privada de Abanca-- asinan este sábado un acordo de colaboración para desenvolver programas conxuntos de investigación e de intercambio académico.
Diso informou a UIE nun comunicado, no que detalla que o acordo será rubricado polo vicepresidente de UIBE, Wang Qiang, e o reitor da UIE, Miguel Anxo Escotet.
Ambas as delegacións abordarán tamén a posibilidade de establecer un Instituto Confucio na UIE, que sería o primeiro no norte de España do seis que hai ene país, e tería unha administración conxunta.
Os institutos Confucio, impulsados polo país asiático como unha institución pública sen ánimo de lucro, teñen como obxectivo promover a lingua e cultura chinesas e facilitar o intercambio cultural e comercial entre China e o resto do mundo.
O obxectivo do convenio que se asinará este sábado é, nun marco conxunto de educación e investigación, formar estudantes con perfil internacional e empresarial nos ámbitos universitarios e de formación executiva, que favorezan a expansión das empresas galegas en China e contribúan a desenvolver novas oportunidades nas súas contornas económicas e socioculturais.
UIBE, fundada en Pequín en 1951, é líder pola súa especialización no ámbito empresarial, con tripla coroa de excelencia e figura entre as 10 mellores universidades entre as 2800 que hai no país pola súa calidade e alta empregabilidade dos seus graduados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.