Coñecemos a historia de Lore Lavand, artista que veu desde Arxentina ata Galicia por amor, e que participará nunha nova edición do festival Galicia Ilusiona.
O 'live streaming' consiste en retransmisións en directo dunhas cinco horas de duración, que inclúen pasarelas, percorridos polo probador e a área de maquillaxe. Este método de venda ten un peso considerable nas vendas por comercio electrónico en China.
  comenta   0
Vén de quedar segundo no festival de cultura urbana O Marisquiño, en Vigo, onde volveu á pista con novas estruturas tras uns meses sen asistir a grandes competicións. Así nolo conta ao Galicia Confidencial.
  comenta   0
O sindicato agrario fixo un chamamento ao Ministerio de Agricultura para que medie e evite "alarmas que en nada benefician á estabilidade das rendas das explotacións"
  comenta   0
Ata o próximo 29 de agosto, 13 estudantes chineses procedentes da Universidade de Economía e Comercio Internacional de Beijing e 3 estudantes da Universidade Intercontinental da Empresa, participarán nesta experiencia que combina a formación no ámbito empresarial, as visitas a empresas e institucións galegas e a realización de actividades turísticas e de lecer.
  comenta   0
Da man de Rosa Regueiro, investigadora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) participante nas xornadas 'A cuestión enerxética en Galicia: entre economía, territorio e sociedade', organizadas polo Consello da Cultura Galega (CCG), coñecemos cales son as causas de que o modelo social económico actual estea en risco.
  comenta   0
O grupo alimentario ourensán vén de participar no certame Internacional Sial Xangai, a maior mostra comercial de alimentación de China e unha das feiras máis importantes do mundo, que se desenvolveu entre o martes 28 e o xoves 30 de maio na cidade asiática.
  comenta   0
Os modelos T03 e C10 serán os primeiros en chegar a Europa e presentarase un modelo novo cada ano durante o próximos tres exercicios.
Chegaron o porto exterior de Caneliñas en colectores e desde aquí serán levados ao resto de mercados do continente.
  comenta   1
Funergal, a única feira internacional no país do sector funerario, celebrarase en Ourense entre o 16 e 18 de maio coa presenza de nove países: España, Portugal, Italia, Países Baixos, Polonia, México, Ecuador, O Salvador e China.
  comenta   0
A chamada Semana Santa foi un bo tempo pra reflexión e a meditación. Tamén un tempo vacacional e de divertimento. Pois ben, un tema pra darlle unha volta é pensar no que pode acontecer si hai un conflicto bélico mundial.
  comenta   0
Amancio Ortega ocupa o 13º lugar da lista Forbes e segue como a fortuna máis grande de España por diante da súa filla. EE.UU., China, India, Alemaña e Rusia son os estados con máis multimillonarios.
Un estudo recente de investigadores brasileiros conclúe que dous tipos de vermes, o Tenébrio molitor e o Zophobas morio, poden ser usados como biodegradables naturais dos poliuterenos. Outras investigacións sinalan que tamén determinados fungos poden ser utilizados para neutralizar determinado tipo de plásticos.
  comenta   0
Raquel Isamara León de la Rosa, directora do Observatorio da Política China do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) cóntanos como na China as mulleres que tratan de ir en contra do establecido son rexeitadas socialmente e mesmo teñen que exiliarse ao ser perseguidas polo partido comunista. Así, a representación das mulleres entre o funcionariado é de só o 20 %, do 5 % entre os altos cargos e non hai ninguna muller no que sería o parlamento chinés.
  comenta   0
Antidroga pediu penas que van dos 5 aos 6 anos de prisión para cada un dos acusados, entre os que se atopan fillos e netos do patriarca familiar (xa falecido) e multas que oscilan dos 10 aos 12 millóns de euros para cada un deles.
  comenta   0
A Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través do Instituto Galego de Promoción Económica asinou un novo acordo de colaboración coa Cámara de Comercio de China para a importación e exportación de maquinaria e produtos electrónicos do país asiático, co que busca afianzar as relacións comerciais.
  comenta   0
Nun seminario da USC abordou temas da xeopolítica actual, como o cambio climático, as migracións masivas, as innovacións tecnolóxicas e a crise da Organización das Nacións Unidas
  comenta   0
O tamén galego Diego Ameixeiras será galardoado nesta cita, que recoñece 'O cervo e a sombra' como mellor novela de xenéro negro nos últimos meses
  comenta   0
Hai un ano, o goberno de Putin tomou a decisión de invadir Ucraína. A grande maioría dos gobernos europeos e dos observadores que analizan, habitualmente, a situación política internacional non tiñan considerado a posibilidade de tal actuación dos dirixentes rusos. No seo da opinión publica e publicada que se move en coordenadas de esquerda, a sorpresa tamén foi moi notoria.
  comenta   0
Recompila e utiliza datos sobre o desenvolvemento da primeira infancia co fin de investir mellor nos servizos e no apoio necesario para os nenos pequenos e as súas familias.
  comenta   0
Hai uns días Xoán Hermida publicaba no dixital Infolibre.org un interesante artigo, “20 años del nacemento de la Ciudadania Global” no que analizaba o devir do movimento pacifista dende as mobilizacións multitudinarias contra a guerra de Irak ata a nula mobilización social contra a agresión imperialista rusa contra Ucraína. É sen dúbida unha reflexión acertada, que axuda a comprender o silencio cómplice, nun casos, moitos casos, de boa parte da esquerda.
  comenta   0
En España xa se expuxeron medidas de control de fronteiras que entraron en vigor este sábado e que a ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciou o venres.
  comenta   0
O Campus Terra identifica e desenvolve elicitadores naturais do castiñeiro fronte á ‘avespiña’ co proxecto ‘Go Delicas’.
  comenta   0
A vicepresidenta terceira cre que é "unha enorme irresponsabilidade" que a presidenta dunha Comunidade deslice que as accións ambientais "nalgunhas ocasións convértese nunha gran estafa"
  comenta   0
" A miña tarefa é planificar ese desenvolvemento militar", asegura. Para el Rusia "xa perdeu a guerra", pero "aínda non a gañou Ucraína".
  comenta   0
A Comisión Europea prohibe pescar á frota galega. Aproba 87 vedas e dos 1.000 barcos que non poden pescar 500 son españois, dos cales 207 de Galicia segundo os cálculos da Alianza Europea de Pesca de Fondo (EFBA, polas súas siglas en inglés) e a patronal pesqueira Cepesca.
  comenta   0