Segundo María de Pazo, as familias están pendentes da finalización da instrución xudicial unha vez que se coñezan as conclusións das peritaxes feitas no pecio. As propias familias enviaron tamén o seu perito de parte e agora esperan a apertura do xuízo oral logo de que a Audiencia Nacional recolla todos os datos e faga as correspondentes análises e chegue ás pertinentes conclusións.
  comenta   0
O fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, a través do seu brazo investidor Pontegadea, segue reforzando os seus investimentos en 'ladrillo' e comprou unha nave loxística alugada a Amazon preto de Vancouver (Canadá) por un importe próximo aos 260 millóns de euros.
  comenta   0
Iván López é o director xeral da armadora Pesquera Áncora, a propietaria dos dous únicos bacallaeiros que quedan matriculados en Galicia. A entrevista con Iván López céntrase na pesca do bacallau que agora mesmo pasa por dificultades ante as presións de Noruega para non ceder máis cotas á UE no caladoiro das Svalbard. Este territorio onde España ten dereitos históricos de pesca, está concentrando nos últimos tempos unha grande frota rusa de pesqueiros. Por outra parte, Vigo será este ano sede do encontro dos países da área NAFO, fronte a Canadá, onde tamén se establece outro importante caladoiro bacallaeiro.
  comenta   0
A chegada do buque 'Ártabro' desde o lugar de afundimento do 'Villa de Pitanxo' abre un capítulo novo no caso do 'Villa de Pitanxo'. Os familiares esperan coñecer o resultado das gravacións realizadas e aclarar así que puido pasar. Voces das familias, grupos políticos e sindicatos denuncian a falta de compromiso da Administración central para investigar.
  comenta   0
A previsión de aumentar o volume de turistas internacionais interesados na cultura, o patrimonio e a gastronomía das 15 cidades.
  comenta   0
Tal como reivindicou a Xunta nun comunicado, tanto Galicia como Canadá son "líderes" no sector pesqueiro, por iso é polo que sexa habitual a presenza de empresas canadenses no salón vigués.
  comenta   0
Os familiares queren manter a xuntanza co Goberno canadense pero a través da súa embaixada en España e non a través do Goberno español.
  comenta   0
O capitán engade matices ás súas declaracións previas e o xuíz e o fiscal chamaron a atención a Eduardo Rial en varias ocasións.
A portavoz, María José de Pazos, subliñou a importancia de que se "dote de contido" esta reunión e se permita enviar por adiantado unha serie de preguntas ás autoridades canadenses.
  comenta   0
José Miñones critica que Feijóo non estea en Galicia: "Non é o momento de estar de campaña". Marín acollerá este venres un funeral colectivo polos 21 falecidos.
  comenta   0
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, apelou a "seguir insistindo sobre a necesidade de que non termine a procura" e "búsquese algunha fórmula para que, ademais da propia frota pesqueira que haxa alí, haxa medios das administracións para seguir buscando".
  comenta   0
Sobre os labores de busca, o delegado do Goberno na Comunidade expresou o compromiso "firme" do Executivo en "seguir buscando", polo que se estudan as "alternativas posibles", xa sexan con medios canadenses, "que están alí e coñecen ben o terreo", polo que serían os máis "idóneos", ou tamén con medios propios.
  comenta   0
O avión chegará previsiblemente sobre a medianoite entre este luns e martes, aínda que estaba previsto que chegase ás 18:00 deste luns mais os trámites burocráticos atrasaron a saída.
  comenta   0
Nun comunicado, Moncloa agradeceu a boa disposición das autoridades canadenses para retomar a colaboración nos labores de procura cando as condicións meteorolóxicas o permitan.
  comenta   0
Tras iniciar as mobilizacións, que dixeron que non deixarán atrás ata facer todo o posible, varios familiares reuníronse este venres na Subdelegación do Goberno en Pontevedra con Maica Larriba, case dúas horas de encontro das que saíron, dixeron, coas "mans baleiras".
  comenta   0
Os sobreviventes poderán chegar "a partir do domingo", segundo Feijóo. Canadá traslada as súas "profundas condolencias" polo sucedido e di que retomará a busca dos desaparecidos cando as condicións o permitan.
  comenta   0
A falta de novidades sobre os desaparecidos, pesqueiros galegos e portugueses volven a faenar. A Valedora do Pobo pide ao Goberno central que solicite a Canadá continuar a busca.
  comenta   0
Canadá dá por rematado o operativo. Os familiares piden tamén investigar "a fondo" as circunstancias do naufraxio. Deben esperar tres meses para pedir a declaración de morte.
  comenta   0
O terceiro dos sobreviventes rescatados polo 'Playa Menduíña Dos' é Samuel Kwesi Koufi, natural de Ghana e residente en Marín. Medios aéreos e marítimos continúan á procura de 12 dos 24 tripulantes do 'Villa de Pitanxo' desaparecidos. As condicións climáticas continúan a ser moi desfavorables.
  comenta   0
"Seguimos con inquietude e preocupación as tarefas de procura e rescate da tripulación do barco galego afundido en augas de Terranova", tuiteou a conta oficial do presidente do Goberno.
  comenta   0
Salvamento Marítimo, a través do Centro Nacional de Coordinación de Salvamento en Madrid e o Joint Rescue Coordination Center (JRCC) Halifax --centro coordinador responsable da zona onde ocorreu o naufraxio-- mobilizou a dous pesqueiros, unha embarcación de rescate e un helicóptero de Canadá.
  comenta   0
Hai tres rescatados con vida e 14 desaparecidos. Están activadas as canles diplomáticas entre a Xunta e Montreal e Terranova para poder facilitar calquera noticia ás familias canto antes. A conselleira do Mar: "En 13 anos que levo no Goberno é a situación máis complicada que me tocou vivir"
  comenta   0
Quere aproveitar ao máximo a penetración e proxección que Massimo Dutti ten en mercados internacionais como Estados Unidos, Canadá, México ou Turquía.
  comenta   0