PPdeG e PSdeG condenan os "graves incidentes" de Santiago

Os dous grupos municipais aprobaron unha moción para criticar os altercados que se produciron na capital galega durante a folga xeral. Concentracións diante do concello para protestar por ese pleno.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/03/2012 | Actualizada ás 20:57

Comparte esta noticia

A moción aprobada, coa ausencia do BNG en apoio da folga xeral, denuncia que en Santiago de Compostela se produciron "obstrucións das vías públicas con barricadas, queima das mesmas, rotura de escaparates e selado das portas de diversos establecementos", así como "agresións a membros das Forzas e Corpos de Seguridade". O texto tamén alude a que houbo "amedrentamento de comerciantes, hostaleiros, traballadores e cidadáns en xeral".

None

 

O acordo foi posible tras aceptar o alcalde, o popular Gerardo Conde Roia, un punto do PSdeG no que se lle atribúen estes feitos a "grupos minoritarios" os referidos incidentes.

 

Protesta diante do concello

 

None

Mentres esta moción era aprobada no pleno municipal, que tivo lugar pola tarde, un grupo de persoas convocadas pola Candidatura do Povo, mais con representación doutros colectivos e cidadáns e cidadás a título persoal, concentraronse diante do concello vixiados de preto por un cordón policial. 

 

Durante a protesta, que foi pacífica e sen tensións, un dos cidadáns alí presentes dirixiuse á multitude e ó cordón de antidisturbios que "custodiaba" Raxoi e acusou iradamente a banqueiros, políticos e á policía que os "protexía". Por iso pediulle á policía que protexa aos cidadáns levando unha forte ovación. Posteriormente, parte dos concentrados marchou a reforzar os piquetes, mentres só un pequeno grupo quedaba enfronte a ver se saían. Houbo mesmo quen propuxo acampar no Obradoiro, rememorando os mellores tempos do 15M.

 

Texto da moción

 

Con ocasión da celebración da folga xeral, nas últimas horas producíronse na Cidade graves incidentes que menoscabaron dereitos e liberades fundamentais, tales como a liberdade, a integridade, a propiedade, ou a seguridade. Así, e entre outros, rexistráronse obstrucións das vías públicas con barricadas, queima das mesmas, rotura de escaparates e selado das portas de diversos establecementos, agresións a membros das Forzas e Corpos de Seguridade, intento de queima dun autobús de transporte urbán, amedrentamento de comerciantes, hosteleiros, traballadores e cidadáns en xeral.


Por todo o exposto, teño a ben presentar ao Pleno do Concello de Santiago de Compostela a seguinte:


PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:


Que o Concello de Santiago de Compostela expresa a súa máis rotunda condena as actuacións referidas. 



En Santiago de Compostela a 29 de marzo de 2012



Gerardo Conde Roa.

 

PLENO DO EXCMO. CONCELLO DE SANTAIGO DE COMPOSTELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 miliciano

pra conde drogas (opus dei) , liberdade é prohibir(leo bassi). Os fascistas están axexando, escondidos nas saias dos curas, ollo ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

3 LObo

Cando condenaran tanto o PP como o Psoe a violencia e terrorismo, que se ten practicado en moitas empresas do Pais de portas pra dentro coaccionando aos traballadores pra non ir a folga, e que non teñen proxección nos medios? Nunca.

2 Rubén

Tanto rollo de dereitos, de libertades e de democracia e logo veñen con piquetes represores. Total, xa se ve os antisistema o que fan

1 ...

Ti bebes, non? Ou es o Manoliño comentando "destrangis"???

2 ...

Ti bebes, non? Ou es o Manoliño comentando "destrangis"???

1 marc

Refírense ás actuacións do conde roa con iso de menoscabo de dereitos e liberdades?