En concreto, o 2 de febreiro de 2024 a xunta electoral galega considerou inxustificado e contrario aos principios de pluralismo político que a CRTVG dedicase menos tempo nos seus servizos informativos á campaña das eleccións autonómicas do 18 de febreiro respecto da cita coas urnas de 2020. Unha denuncia presentada polo BNG estimada parcialmente pedía, polo menos, asimilar a duración á de catro anos antes.
  comenta   0
Á marxe da reunión con Felipe VI, o mandatario galego avanzou a súa intención de urxir unha cita co presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, ao que pretende lembrarlle os compromisos pendentes con Galicia en infraestruturas e outros ámbitos.
  comenta   0
A decisión do presidente español de non dimitir supón un alivio para a familia socialista galega. Aínda que non todos están de acordo co final desta minicrise, boa parte da militancia do PSdeG considera que, polo menos, arrefría a crise do partido en Galicia e é un balón de osíxeno para Besteiro.
  comenta   0
Pontón presenta un "goberno alternativo" para fiscalizar á Xunta: conta con 12 portavoces por cada unha das áreas nas que se divide o Executivo autonómico e reunirase cada 15 días.
  comenta   0
Galicia Confidencial continúa coa publicación dunha serie de artigos de sociólogos, politólogos, ex políticos e profesores universitarios, entre outros, nos que tenta analizar o que acontece en Galicia desde o punto de vista electoral. Unhas reflexións que tentan afondar na socioloxía do pobo galego e nas estratéxias políticas para tentar entender o que, elección tras elección, acontece neste país. Este artigo é de Antonio-Carlos Pereira Menaut, xurista, catedrático de Dereito Constitucional na USC e Director da Cátedra Jean Monnet de Dereito Constitucional europeo.
  comenta   0
O presidente da Xunta di que o seu Executivo está ben "dimensionado" cunha consellería máis e ratifica que haberá "concentracións" noutros departamentos.
  comenta   0
Prado reivindica que o partido ten "moitísimos perfís" para acompañar a Rueda no Consello da Xunta: "É a grandeza do PPdeG".
  comenta   0
O dirixente pontevedrés, quen en 2022 protagonizou a histórica substitución de Feijóo, abrirá unha nova etapa tras a vitoria nas urnas do 18F.
  comenta   0
Galicia Confidencial comeza a publicación dunha serie de artigos de sociólogos, politólogos, ex políticos e profesores universitarios, entre outros, nos que tenta analizar o que acontece en Galicia desde o punto de vista electoral. Unhas reflexións que tentan afondar na socioloxía do pobo galego e nas estratéxias políticas para tentar entender o que, elección tras elección, acontece neste país. O segundo artigo é Marcelino Fernández Mallo, economista, escritor e con ampla traxectoria no sector financeiro.
  comenta   0
Galicia Confidencial comeza a publicación dunha serie de artigos de sociólogos, politólogos, ex políticos e profesores universitarios, entre outros, nos que tenta analizar o que acontece en Galicia desde o punto de vista electoral. Unhas reflexións que tentan afondar na socioloxía do pobo galego e nas estratéxias políticas para tentar entender o que, elección tras elección, acontece neste país. O primeiro artigo é de Juan Jesús González, catedrático de Socioloxía e autor de “Las razones del voto en la España democrática (1977-2023)”.
  comenta   1
Pouco máis dun mes leva José Ramón Besteiro lambendo as feridas do 18F e xa ten que facer fronte a unha nova crise no seu partido; o futuro nomemento do candidato ás eleccións europeas.
  comenta   1
A Xunta é unha "administración amigable" para a industria e no seu novo mandato, o presidente en funcións, Alfonso Rueda, que volverá ser investido tras revalidar a maioría absoluta o 18F, prometeu que as empresas que queiran investir en Galicia seguirán tendo as portas abertas, aínda que con "estritos controis" ambientais e do cumprimento de "todo tipo de normativa" en vigor.
  comenta   0
Os que máis calro tiñan o seu voto son os votantes populares, o 85,5%. O 67,5 % dos enquisados di que acudiron a unha comida ou evento deste do PP, o 15 % a un do BNG e un 13,1 %, do PSOE.
  comenta   0
Este luns ábrese o prazo para a presentación de precandidaturas. O 22 de marzo coñecerase a proclamación provisional de candidatos e o Congreso Extraordinario celebrarase o 27 de abril.
  comenta   1
Rueda participa desde este venres ao domingo no 'retiro' convocado polo seu xefe de filas tras lograr a súa primeira maioría absoluta o 18F.
  comenta   0
Santiago acollerá a única asemblea en Galicia para preparar o congreso fundacional de Sumar a nivel estado do 23 de marzo.
  comenta   0
Espera que a xustiza europea free a "sucesión de desigualdades" en España e afea ao BNG que se converta "en cómplice disto"
  comenta   0
A CIG-Vigo chamou este xoves a manifestarse o próximo 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, ante a "grave situación de precariedade e pobreza" que afecta á maioría social e para reclamar un "marco galego" de relacións laborais.