Extinguido un incendio forestal en Cualedro (Ourense) tras queimar 21,32 hectáreas

O suceso iniciouse ás once da noite do sábado, na parroquia de Montes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2019 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O incendio forestal que se declarou a noite do pasado sábado en Cualedro (Ourense) quedou controlado esta mañá pasadas as 09.25 horas, despois de queimar 21,32 hectáreas de monte raso. A tal hora, a Xunta xa informa de que está extinguido.

O suceso iniciouse ás 23.05 horas na parroquia de Montes, do concello de Cualedro, e ata o lugar desprazáronse un técnico, sete axentes, 17 brigadas e oito motobombas que traballaron na extinción do incendio.

A Xunta informou do sucedido este domingo a través dun comunicado, á vez que sinalou que a medición de áreas queimadas é "provisional" ata que se parametrice a superficie final afectada.

Incendio forestal - ARQUIVO
Incendio forestal - ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta