Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2019 | Actualizada ás 17:18
Un pasaxeiro conflitivo provocou que un voo entre Santiago e Londres dese a volta quince minutos despois do despegue. O avión aterrou sen incidencias e saíu unha hora máis tarde.
O voo tiña como destino o aeroporto de Stansted, en Londres. Logo do retraso provocado por un dos viaxantes, puido partir de novo case unha hora despois. Chegou a Londres un pouco antes das dúas da mañá. Así o informa a conta de Twitter de Controladores Aéreos de España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.