O gran diccionario do galego

A RAG presenta a súa nova web que contén un diccionario con máis de 50.000 entradas e ten a posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/04/2012 | Actualizada ás 22:40

Comparte esta noticia

O novo Dicionario da RAG (http://www.realacademiagalega.org) ofrece información sobre a pronuncia, grafía e significados correctos da palabra. Foi elaborado a partir dun amplo corpus do galego moderno e achega, ao mesmo tempo, información gramatical (xénero dos substantivos, formación do feminino, réxime dos verbos...) e, cando é pertinente, sobre o nivel de uso (rexistro formal ou familiar). 

None

 

As acepcións do termo buscado acompáñanse de sinónimos, antónimos e voces próximas semanticamente, ademais de ilustrarse con varios exemplos de uso. Asemade, o Dicionario incorpora a terminoloxía científica manexada nos niveis de estudos medios, así como as locucións e os fraseoloxismos de maior relevancia, cos seus significados e exemplos correspondentes.

 

Sistema preditivo

 

A nova web da RAG propón un sistema preditivo de busca que facilita a procura do termo. Na marxe dereita preséntanse os termos máis buscados polo público e a definición dunha "palabra á toa", ademais dun formulario que permite enviar calquera suxestión para favorecer unha mellora constante do dicionario. 

 

Outra das novidades é a incorporación das redes soicias. Unha aplicación permite enviar a Twitter a procura realizada, contribuíndo, deste xeito, á socialización do galego no seo das redes sociais. Así mesmo os internautas que desexen poderán colocar cadros de busca do dicionario RAG nas súas webs e blogs.

 

Modernización da institución

 

A nova web da RAG supón, segundo o seu presidente, Xosé Luis Méndez Ferrín, "un paso adiante" no proceso de modernización da institución e un salto cualitativo en canto a volume e organización de información sobre a propia Academia, as súas producións e os seus arquivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

1 Vituco

Parabéns á RAG por esa marabillosa ferramenta e pola web.