O PPdeG desmente a Gonzalo Caballero e asegura que ambos os partidos "si pactaron" a renovación do Valedor do Pobo

Asegura que "houbo conversas entre os portavoces de ambos os partidos, durante días e semanas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2019 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, desmentiu este luns ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e asegurou que ambos os partidos "si pactaron" a renovación do Valedor do Pobo.

Miguel Tellado na rolda de prensa deste luns.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Miguel Tellado na rolda de prensa deste luns.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

O líder socialista afirmou este domingo nunha entrevista en La Voz de Galicia, que "non pactou" co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a substitución na institución, onde o pasado mércores foi nomeada nova valedora do Pobo a maxistrada María Dolores Fernández Galiño (proposta polo PPdeG), mentres que este mesmo luns a ex-deputada socialista María Xosé Porteiro foi elixida número dous do Valedor do Pobo.

Neste sentido, Tellado destacou que o PP "pactou co PSdeG o cambio á fronte da Valedoría", xa que esta substitución require unha maioría de 3/5 dos deputados da cámara, polo que o PP só "non chega".

"Houbo conversas entre os portavoces de ambos os partidos, durante días e semanas. Claro que houbo acordo", subliñou Tellado, quen acusou de "mentir sen paliativos" a Gonzalo Caballero, e sinalou que o secretario xeral dos socialistas galegos "non sabe o que ocorre no seu partido".

Ademais, asegurou que o propio líder do PSdeG "estaba informado en tempo real" das conversas entre o PP e o PSdeG. "Esperamos que a proposta do portavoz parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, tivese o OK que si tivo de Caballero", indicou Tellado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta