GC Aberto

Carta aberta a Yolanda Díaz dunha militante de Esquerda Unida

"Nin en Deus, nin en reis, nin en tribunos"

Por marseo (http://www.facebook.com/marta.s.encinas) | GC ABERTO | 13/08/2019

Comparte esta noticia

Levo moitos anos en EU de Galicia, polo que coñezo a túa traxectoria política e os bos ascendientes que che preceden. Pero coñezo a túa evolución persoal, pois vin de preto o desdén co que che relacionabas cos militantes de EU/EU, cando orgánicamente participaban na valoración das posicións políticas dominantes que ti defendías.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: EN COMÚN-UNIDAS PODEMOS

Vinche participar na construción de En Marea, pero dunha forma diletante, non crendo no que se defendía, pois aínda que moitos crean que se apostaba por un esquerdismo radical, o único polo que se caracterizaba ese movemento era pola súa frescura e inocencia, é dicir, facer bandeira dunhas formas novas tales como as eleccións primarias, que non deixan de ser vellas para os que sempre militamos en organizacións "clásicas". En lugar de crear organización con xenerosidade, transmitindo experiencia, mellorando formas organizativas, humanizando as relacións entre os militantes, adscritos ou preincritos ou como se lles queira chamar, pois cando alguén tomaba unha iniciativa facíaselle o baleiro. Cando se quixo concretar algo que supuxese organización e toma de decisións, buscáronse todo tipo de escusas "informáticas" para non validar o proceso.

Non interesaba un proceso participativo e decisorio, o que levou á quebra de En Marea, decidíndose por arriba como e cando se facían as cousas. Así colaboraches en construír a unidade da esquerda. Iso si, aseguráchesche un posto de saída nas últimas eleccións xerais.

Con todo, os militantes de EU/EU non puidemos elixir, pois non sabemos como as cabezas de lista en cada provincia eran doutra organización, pois aí non chegabamos. Non creo que me equivoque, cociñouse nas alturas, de aí o teu cambio de circunscrición, así como o sometemento a non se sabe que principios políticos ou organizativos, pero si persoais.

Non sei o que facedes no Parlamento, pois nin abrides a boca para denunciar nada, soamente esperades participar en cargos, como é o teu caso segundo os bulos, lendas urbanas ou como queiras chamarlle, pois nunca te molestaches en denuncialos.

Cando o portavoz da túa organización (segues en EU?) manifesta a súa opinión sobre o problema da investidura, ti sitúasche claramente no sentido oposto, pero como ves frustradas as túas aspiracións agora pretendes volver ser algo en Galicia, cando por ela non fixeches nada. Perdón, fuches a primeira deputada en falar das necesidades do noso país, pero non debemos esquecer que na anterior lexislatura non se lle permitiu falar a quen che precedeu e por iso dimitiu.

É público e notorio que a túa obediencia non é a EU, non podo afirmar que sexa a outra, só sei que a EU non é. Por iso quero ratificar o dito por Eva Solla: "Nós escollemos os nosos candidatos", e no teu caso quero manifestar que "non es a miña candidata", que se che pasou o arroz, que te equivocaches de partido e rompiches a túa boa tradición.

Defenderei sempre a unidade da esquerda, aceptando cantas formas organizativas, posicións ou criterios diferentes aparezan na esquerda, pero tendo regras de xogo onde todos sexamos iguais, se alguén quere destacar entón reivindico o "primus inter pares", aínda que só sexa pola nosa historia.

Chegamos a un punto no que se manifesta o fracaso de quen quixo capitalizar o 15M. Fracaso previsto para quen lese o artigo "A revolución non será transmitida en directo" de Thomas Jeffrey Miley, que che aconsello leas. Tanto quixestes dirixir que vos esquecestes do principal: as organizacións. E xa sabes: "As ideas non viven sen organización", sóache?.

Non quero finalizar esta carta sen desexarche o mellor na vida, pero tamén lembrarche o inicio desta: "Nin en Deus, nin en Reis, nin en Tribunos", e o ti non serás a nosa "tribuna".

Nin eu o Pitufo de ninguén e orgullosa da miña mochila.

Asdo.- Marta Seoane Encinas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

12 Ángeles

Lamentable a túa opinión EU a que votei durante anos ata a creación de Podemos, non seríades nada, repito, nada. Cantos representantes tiñamos a nivel nacional? casi que ningún, eu voto Unidas Podemos, e sigo sendo de esquerda. Como se fai e forza e se ten voz e sumando, non dividindo.

1 miguel, o do ML
recente

A forza contra quen? Se estades suplicando postiños co goberno do PSOE, sí! ese PSOE do 135 e do 155. A unidade debe de ter un mínimo de sentidiño. O inimigo é o Estado Español que só ofrece miseria a nosa clase traballadora... Estades cegas con ese mantra da " unidade "

11 Currelante

Fálame de tarxetas black, fálame de mariscadas, fálame de Sicavs para europarlamentarios, fálame de preferentes, fálame de agacharse ante a monarquía, fálame das procesións ultracatólicas, fálame de bodorrios e de palacios na serra madrileña, fálame de fragatas para a guerra, fálame de asesores e liberados, fálame do sindicalismo amarelas na Fundación Tripartita e outros chiringuitos, fálame dos colocados nas institucións, fálame dos chóferes, fálame das purgas, fálame de non render contas diante das bases... Fálame de Izquierda Vendida da que es parte!!!

10 Bendito Chiringuito

(seguimos) No primeiro caso é CORRUPCIÓN evidente, no segundo por RENUNCIA aos ideais. A denuncia facilona só contra a lideresa trepa amosa que non ataca de xeito radical o mal da esquerda de postureo, logo a denunciante está perdida ou aguarda turno para mamar. Un simplismo de discurso. Unha vergoña para quen pide radicalidade: no lugar de ir á raíz do problema vaise polas ramas mediáticas (como se fose só Yolanda a falsa, como se o PCE non llevase catro décadas vendendo fume).

9 Bendito Chiringuito

Será a tal Marta tan inocente como para non saber o que se coce no pucheiro de Izquierda Unida, baixo cociñeiro titulado polo PCE? Se fose adolescente, aínda podía ser, pois ninguén nace desconfiado. Agora, sendo adulta e bregada nas causas políticas, esta carta só fai público o que TODO militante e simpatizante das distintas esquerdas alternativas SABE e CALA. Por dúas razóns: por NEGOCIO, aguardando o seu turno para chupar, ou por COMODIDADE e ROMANTICISMO, para non incomodar o seu conservadurismo mental, sabéndose militante dun paripé cómplice co sistema.

8 Marco Aurelio

Os pobres na política van por unha boa remuneración...despois de pisar cabezas. Yolanda non aportou outra cousa nova. Dades noxo.Todos.