Recurtar antes de morrer

Seica os de Facenda se impuxeron sobre os de Economía (por moita face de boxer que poña o seu titular), que os contables pesan máis cos economistas, e que as contas da vella se prefiren á análise econométrica. Porque nunha familia “abonda” con axustar os gastos ós ingresos, pero os efectos das decisións das institucións públicas transcenden a contabilidade da Administración para influír de cheo na economía do País. E diso semella que ninguén se decata.

Por Marcelino Fdez. Mallo | A Coruña | 09/04/2012

Comparte esta noticia
O primeiro efecto dun recorte orzamentario é drenar diñeiro da economía, o cal fai que esta se contraia. Así pois, se a Administración gasta menos, o PIB do país redúcese e con iso, aumenta o desemprego. Quen así actúa, espera que a contracción do gasto implique directamente a minoración do déficit público, e xa que logo, tamén da débeda, pero non. Porque ese efecto dista moito de ser “directo”. Porque antes de nada, tal medida frea a actividade e iso crea e alimenta o chamado “círculo vicioso” da economía, ó cal en España hoxe en día hai que engadir a chantada ao PIB do sector construción e a epidémica crise de confianza a tódolos niveis. 
 
Fixádevos: os recortes de Rajoy aplícanse en bloques de 15.000 millóns de euros. Son, así pois, 15.000 millóns que se retiran da economía o que provoca contracción. Agora, comprobemos o que implicaría devolver eses 15.000 millóns de euros á economía en forma de investimento produtivo. Como? Pois promovendo proxectos empresariais de capital mixto público-privado, fomentando movementos corporativos, incentivando a innovación finalista e a internacionalización, animando á investigación nos eidos tecnolóxico (bio, micro...) e enerxético especialmente, facilitando o emprendemento (actualmente martirizado), etc. Eses 15.000 millóns públicos terían unha capacidade de mobilización de 40.000 millóns de investimento total, aproximadamente, o que implicaría a creación directa de 1.000.000 de empregos. Eliminar un millón de traballadores das listas do INEM suporía un aforro para as contas públicas de 15.000 millóns de euros, co cal o déficit se reduciría segundo o previsto e a economía empezaría a funcionar. Cambiariamos un “círculo vicioso” por un “círculo virtuoso”. Será tan difícil de comprender? 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Marcelino Fernández Mallo Economista coruñés con ampla traxectoria no sector financeiro galego e no mundo Internet. Colaborou con medios de distinta liña entre os que cabe salientar Vieiros, a Radio Galega e Xornal de Galicia. É autor das novelas Pallarega, A trenza ou Klásicos. Mantén o blog Atrenza.
@pallarego