O 'Cuponazo' reparte 100.000 euros en Melide

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2019 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

O 'Cuponazo' da ONCE deixou 100.000 euros en Melide (A Coruña), cun premio de segunda categoría no sorteo do venres, 9 de agosto.

O vendedor da ONCE Rafael Vázquez Vázquez é quen levou a ilusión da ONCE á localidade de Melide, onde vendeu un 'Cuponazo' agraciado con eses 100.000 euros, desde o seu punto de venda situado na Praza San Roque, número 2 de Melide, informou a entidade.

O 'Cuponazo' do ONCE ofrece todos os venres, por tres euros, un premio ás cinco cifras máis serie de nove millóns de euros, e seis segundos premios de 100.000 euros a outras tantas extraccións, tamén con serie.

O Cuponazo do Once repartiu cen mil euros. ONCE
O Cuponazo do Once repartiu cen mil euros. ONCE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta