Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2019 | Actualizada ás 16:53
A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé máis de 932.000 desprazamentos na rede viaria galega na operación especial do 15 de agosto, que comeza este mércores 14. Segundo os datos facilitados pola DGT, entre as 15,00 horas deste mércores 14 de agosto e as 24 horas do domingo 18 espéranse 7.770.000 movementos nas estradas españolas.
Do total de desprazamentos, a DXT estima que o noroeste de España, que inclúe a Comunidade galega, rexistre un 12 por cento dos movementos na rede viaria, o que supón uns 932.400. Con motivo desta nova operación especial de tráfico, a DGT advirte de que as estradas previsiblemente afectadas por maior intensidade de tráfico en Galicia corresponderán á AP-9, A-6, A-52, A-55, N-550 e N-634.
PUNTOS CONFLITIVOS
Deste xeito, Tráfico avisa de case unha trintena de puntos conflitivos na rede viaria galega, case a metade na provincia da Coruña, entre os que se inclúen os accesos á cidade herculina, a AP-9, A-6 e o acceso a Santiago pola AG-56.
Mentres, na provincia de Pontevedra advirte de oito puntos conflitivos nas estradas, entre eles na A-52 na ligazón coa A-55 no Porriño, a AP-9 ao seu paso pola ponte de Rande e puntos de praia. Polo seu lado, avisa doutro catro na provincia de Lugo --LU-P-6412, LU-P-0610, A-8 e N-640-- e de tres na de Ourense --N-120, N-525 e OU-540--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.