Sete centros educativos galegos obteñen o selo de 'Vida Saudable' polo fomento da aprendizaxe nesta área

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Un total de sete centros educativos galegos foron recoñecido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional co selo de 'Vida Saudable' polo seu traballo de fomento da aprendizaxe nesta área.

Así o informou a Consellería de Educación da Xunta nun comunicado este mércores, no que sinalou que este "distintivo de calidade" é un "recoñecemento ao traballo" por parte dos centros das "prácticas e hábitos de vida saudables", así como a práctica dunha educación física que permite o "desenvolvemento adecuado tanto persoal como social".

Os centros distinguidos son o CPR Plurilingüe Santa María del Mar (A Coruña), o CEIP Plurilingüe O Ramo (Fene), o CPR Jorge Juan (Narón), o CPR Plurilingüe San José de Cluny (Santiago de Compostela); o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria); o CPR Plurilinüe Nsa. Sra. da Asunción (Sarria) e o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova).

Para acceder a este recoñecemento, os centros deberán estar sostidos con fondos públicos ademais de "asumir un compromiso co desenvolvemento e mellora da calidade educativa", indicou a Consellería de Educación. Conforme a isto, deberán presentar a correspondente memoria de cumprimento dos requisitos indicados.

Alumnos nun centro escolar de Galicia. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Alumnos nun centro escolar de Galicia. XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta