Temas: DATOS AUGA

Galicia escapará á crise da auga, que golpeará case toda a península ibérica nas próximas décadas

O informe actualizado do Instituto de Recursos Mundiais prevé que en 2030 e 2040 só o noroeste peninsular rexistrará baixos niveis de estrés hídrico, incluído todo o territorio galego. O resto de España e practicamente todo Portugal estarán sometidas a niveis altos e extremos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/08/2019 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

No ano 2040, case toda a península ibérica sufrirá estrés hídrico, cunha demanda máis alta que a cantidade dispoñible para o seu consumo. Só Galicia, a parte noroeste de Castela e León e amplas áreas de Asturias e Cantabria escaparán da crise da auga. O resto estará en niveis de estrés medios, altos ou extremos. Así o constata o Instituto de Recursos Mundiais, que sitúa España na categoría de estrés hídrico alto na actualidade, cun consumo global de recursos de entre o 40 % e o 80 % anual, situación que se agravará nas próximas décadas.

Mapa do estrés hídrico estimado na Península Ibérica en 2040, no escenario pesimista
Mapa do estrés hídrico estimado na Península Ibérica en 2040, no escenario pesimista | Fonte: Instituto de Recursos Mundiais

España ocupa na actualidade o posto 28 no mundo en estrés hídrico, xusto por detrás de Afganistán e por diante de Alxeria, e atópase na segunda categoría, a de nivel alto, superada polos 17 países que conforman o grupo que sofre un risco extremadamente alto (consumo global de recursos por enriba do 80 % anual), que lidera Qatar.

Case todo o sur e sueste de España atópase hoxe nuns nivels de risco alto, ademáis dunha ampla zona arredor de Madrid. Amplas áreas das mesestas norte e sur e da parte noreste están en nivel medio-alto, mentres que practicamente toda a zona cantábrica, a Galicia oriental, a metade norte mediterránea e puntos illados de Estremadura, Andalucía occidental e Castela-A Mancha están na categoría de risco baixo-medio.

Só a Galicia costeira, zonas do sur de Aragón e do norte de Estremadura mostran risco baixo na actualidade, segundo o informe actualizado do Instituto de Recursos Mundiais.

Pero o escenario empeorará notablemente nas próximas décadas, até deixar unha España que estará, case toda ela, baixo un estrés hídrico extremo ou alto.

Mapa do estrés hídrico estimado na Península Ibérica en 2040, no escenario optimista
Mapa do estrés hídrico estimado na Península Ibérica en 2040, no escenario optimista | Fonte: Instituto de Recursos Mundiais

As previsións, no escenario máis optimista, son que en 2030 e 2040 só o noroeste peninsular rexistrará baixos niveis de estrés hídrico (incluída a totalidade do territorio galego), o que se traduce nun consumo global de recursos de menos do 10 %, mentres que unha pequena área de Andalucía occidental e do Cantábrico oriental estarán en risco baxo-medio (10-20 %). O resto estará sometido a niveis medios, altos e extremos.

O escenario máis pesimista e o intermedio debuxan unha España practicamente toda ela en situación de risco alto e extremo, con só Galicia e parte da franxa cantábrica en niveis baixos.

O estrés hídrico petará ás portas de Galicia tamén pola fronteira sur, con Portugal, país que tamén coñecerá as terribles consecuencias da falta de auga, con prácticamente todo o seu territorio en niveis entre medio e extremo, sendo as áreas de risco alto as de maior superficie.

MUNDO

A nivel mundial, na actualidade os países que albergan unha cuarta parte da poboación da Terra enfrontan a posibilidade de quedar sen auga. Dezasete están actualmente baixo unha tensión hídrica extremadamente alta, o que significa que están a consumir anualmente practicamente toda a auga que teñen.

A clasificación lidéraa Qatar, seguido de Israel, Líbano, Irán, Xordania, Libia e Kuwait, pero o maior foco de poboación afectada sitúase na India, o segundo país máis poboado do planeta, case á par que China en número de habitantes, con máis de 1.300 millóns de persoas. 

Até 27 países –incluída España– enfrontan niveis "altos" de tensións, consumindo entre o 40 % e o 80 % da auga dispoñible cada ano; 24 sitúanse no nivel medio-alto (20-40 %), 32 no baixo-medio (10-20 %) e 64 no baixo (consumo por debaixo do 10 % dos recursos dispoñibles).

Temas: DATOS AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Españolistas dades noxo

E esta vánnola pagar ou vai ser coma cas eléctricas?

1 anonimo7825

Y pensar que en los años 70 del pasado siglo los medios de comunicación anunciaban la próxima llegada de una nueva edad de hielo .... [1, 2] [1] http://www.denisdutton.com/newsweek... [2] https://nationalcenter.org/Time-Ice...