O PPdeG perdería até oito escanos nas autonómicas e PSdeG, BNG e Galicia en Común sumarían maioría absoluta

As proxeccións de Electomanía sitúan en 33 os deputados para os 'populares', 22 para os socialistas, oito para o BNG, outros tantos para a marca de Podemos e catro para Ciudadanos. Vox quedaría fóra.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/08/2019 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

Se hoxe se celebrasen eleccións autonómicas en Galicia, o PPdeG, liderado por Alberto Núñez Feijóo, perdería a maioría absoluta, segundo as proxeccións de Electomanía, medio especializado en demoscopia. 

Estimación para autonómicas Galicia 2020
Estimación para autonómicas Galicia 2020 | Fonte: electomania.es

Os cálculos sitúan o partido de Feijóo co 37,4 % dos votos, 10,8 puntos por enriba do PSdeG, que se afianzaría como segunda forza en Galicia co 26,6 %.

O BNG recuperaría músculo co seu sorpasso a Galicia en Común (derivado do partido instrumental En Marea), ao conseguir o 11,9 % dos votos fronte o 10,9 dos segundos. Ciudadanos sería a última forza que acadaría representación no Parlamento galego, co 6,7 %.

Así, o bloque alternativo da esquerda (PSdeG, BNG e Galicia en Común) sumaría o 49,4 % dos escrutinios, fronte o 44,1 da dereita (PP e Ciudadanos) e abriríase a vía para un novo goberno de coalición progresista, sumando 38 escanos (o límite da maioría absoluta) do seguinte xeito: 22 deputados para os socialistas, oito para os nacionalistas e outros oito para a marca de Podemos en Galicia.

O PP quedaría con 33 representantes (oito menos que nos últimos comicios) e Ciudadanos acadaría catro, sumando ambos os dous 37 escanos. 

O partido ultradereitista Vox conseguiría tan só un 2,9 % dos votos, manténdose como forza residual en Galicia e sen representación na Cámara.

Con todo, a proxección do partido gañador por concellos mostra unha hexemonía do PP, que tingue de azul a gran maioría do país por municipios, con pequenas illas onde o PSdeG e o BNG serían os partidos vencedores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

1 Pertom

Mal prognóstico para o nacionalismo. O BNG melhoraria o pírrico resultado de 2016 e volveria ser terceira força, pero de novo a moita distáncia do PSOE -mais do dobre de votos e quase o triple de deputados- e cum resultado semelhante ao de Podemos+IU. Nom capitaliza moito voto descontento co espaço ruturista e apenas passa dos níveis das eleiçons de 2012, que foram consideradas um fracasso. Ademais irrompe um partido marcadamente espanholista, Ciudadanos, que facilmente pode forçar ao PP a aprobar medidas mais lesivas em matéria de língua se é que sumam juntos. O único positivo é a possibilidade de botar a Feijóo, pero quem curtaria o bacalhau num hipotético governo tripartito seria o PSOE. Nom é o pior dos escenários, pero confirma a fraqueza do nacionalismo na Galiza, que nom dá levantado cabeça mais que timidamente.