A Xunta contrata brigadas municipais de loita contra os incendios forestais en pleno agosto

O Concello de Carballeda de Valdeorras destinará case 55.0000 euros para a contratación dun equipo de cinco persoas que traballarán durante os vindeiros tres meses.

Por Galicia Confidencial | Valdeorras | 21/08/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Galicia está en plena época da campaña contra incendios, aínda que este ano, afortunadamente, a climatoloxía non acompaña e está evitando as traxedias que ano tras ano se repiten nos montes galegos. Pero, a pesar de estar xa en pleno agosto e en risco alto de incendios, a Xunta segue contratando brigadas municipais de prevención e defensa contra os lumes.

Así aconteceu hai uns días en Carballeda de Valdeorras onde a súa alcaldesa, María Carmen González Quintela asinaba o pasado 9 de agosto o edicto para a contratación de cinco persoas; un xefe de brigada, un condutor e tres peóns. En total, case 55.000 euros por tres meses de traballo.

Esta brigada ten por finalidade realizar rozas e desbroces das faixas de terreo en zonas sensibles para a prevención de incendios forestais durante os vindeiros tres meses e poden non ter experiencia previa na loita contra os lumes. De feito están obrigados a realizar un curso teórico e práctico de prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas.

Ademais, cada membro desta brigada contrará cun equipo obrigatorio de protección individual e ferramentas --batelume e outras-- necesarios para realizar a súa función. A brigada tamén terá a súa disposición un vehículo todoterreo para traballar no Distrito Forestal de Valdeorras.

Un brigadista loita contra o lume no Xurés
Un brigadista loita contra o lume no Xurés

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta