Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2025 | Actualizada ás 16:24
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, volveu a pedir ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, que convoque eleccións por "o ben" de España.
Así o fixo este domingo na concentración convocada polo PP en Madrid, ao que tamén acudiu a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado.
Alí, xunto a máis de 7.000 galegos --segundo fontes do PPdeG--, Rueda incidiu en que España "así non pode seguir". "Un Goberno que non é capaz de aprobar orzamentos, de aprobar unha lei, de aprobar medidas. Cada día está cercado por máis casos de corrupción, por escándalos que non explican. É un Goberno insustentable", afirmou.
Por todo iso, Rueda pediu "deixar aos españois que falen" e, "polo ben de España", que empece unha "nova época".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.