A Conferencia de Presidentes, do "non serviu para nada" a ser un "show" para atacar a Sánchez

O PP aproveita para criticar ao presidente español e dicir que a xuntanza non serviu para nada e BNG e PSdeG critican a Rueda por ir a Barcelona coa estratexia do Partido Popular.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 07/06/2025 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

A Conferencia de Presidentes de Barcelona abriu unha nova fronte política en Galicia, cun PP que aproveita para cargar contra Sánchez uns grupos da oposición que denuncian que Alfonso Rueda foi á capital catalana para seguir as "ordes" de Feijóo, pero non para defender a Galicia.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ofrece declaracións aos medios tras a Conferencia de Presidentes.. Lorena Sopêna - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ofrece declaracións aos medios tras a Conferencia de Presidentes.. Lorena Sopêna - Europa Press

Así, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, criticou que a Conferencia de Presidentes "non serviu para nada" e acusou ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, de "non querer facer un debate, chegar a un acordo e de someter a votación as propostas das comunidades autónomas". Así o sinalou este sábado á vez que indicou que na xornada do venres "confirmaron" o que denunciou a Xunta e é que a Conferencia "non serviu para nada, do mesmo xeito que a de Santander" e augurou que a que se celebra en decembro en Asturias, "tampouco servirá para nada".

"Foi unha Conferencia onde, de novo, produciuse unha sucesión de monólogos por parte dos presidentes das comunidades autónomas, que falamos dos asuntos que lle preocupan aos cidadáns, e un monólogo por parte de Sánchez", indicou Diego Calvo. Neste sentido, acusou a Sánchez de "non querer" facer un debate, chegar a un acordo e "nin sequera" someteu a votación as propostas que "a maior parte" de comunidades autónomas puxo encima da mesa.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou este sábado a "incapacidade" do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para "defender os intereses de Galicia" nesta xuntanza e afeou a súa "actitude sumisa" e de "mero peón" do PP de Madrid.

"Vimos un Rueda incapaz de defender os intereses dos galegos e das galegas, que foi a Barcelona a recitar o argumentario de Xénova, a repetir as consignas partidistas. Nin unha soa proposta para este país, nada para ter a chave do noso diñeiro; nada sobre vivenda; nada de como reforzar os servizos públicos; nada de como darlle futuro á xente nova", recriminou a nacionalista.

Tamén o portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, criticou a actitude do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na Conferencia de Presidentes, na que se converteu en "un soldado, un mandado" polo PP e de "as estratexias" de Alberto Núñez Feijóo. Así, afeou o "show" do Partido Popular que, en palabras de Torrado, demostran que "non están á altura do país".

"O PP, como sempre, está a formular as estratexias que considera necesarias, aínda que iso leve levar por diante a convivencia do país, só con interese electoral, de montar show, o lodo, o barro", criticou, á vez que enxalzou o "bo momento" que vive o país con "datos históricos de emprego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta