PSdeG tilda de "ilegal" a neutralidade ideolóxica en educación

Di que "condiciona a formación crítica".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2025 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O portavoz de Educación do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Julio Abalde, pediu á Xunta que "explique con claridade" o alcance da súa proposta de establecer unha "neutralidade ideolóxica" na educación pública e advertiu de que "calquera intento de restrinxir" a liberdade pedagóxica do profesorado sería un "grave erro" e xeraría "inseguridade nos centros e desconfianza" entre a comunidade educativa.

Nun comunicado, Abalde insistiu en que a educación pública débese " serguir baseando" en principios democráticos recolleitos na lexislación vixente, como o desenvolvemento do pensamento crítico, a igualdade, o respecto á diversidade e a formación dunha cidadanía comprometida.

"O que cumpre garantir é que o alumnado poida acceder a unha formación plural e completa que lle permita entender lle mundo no que vive", sinalou Abalde. Neste sentido, lembrou que a liberdade de cátedra é un dereito recoñecido pola Constitución e advertiu que "calquera instrución" orienta a "limitar" o debate educativo ou a "condicionar" os contidos em función de criterios políticos "sería contraria ao marco legal".

"A escola non pode funcionar con ambigüidades nin coa sombra da censura sobre temas que forman parte do currículo ou das preocupacións sociais actuais", incidiu. Así mesmo, remarcou a "contradición que suporía" pedir a neutralidade ideolóxica mentres se mantén no sistema educativo a materia de relixión confesional.

O deputado do PSdeG, Julio Abalde nunha intervención no Parlamento de Galicia.. PSDEG
O deputado do PSdeG, Julio Abalde nunha intervención no Parlamento de Galicia.. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta