Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2019 | Actualizada ás 18:53
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, estudará posibles vías de colaboración entre o seu departamento e o concello ourensán de Monterrei para levar a cabo un proxecto de humanización de rúas no núcleo rural de Vilaza, co obxectivo de urbanizar a contorna da Capela de San Miguel.
Concretamente, a zona na que se quere intervir sitúase no tres cales lindeiros coa igrexa -Capela, Cova e Santa María- que presentan na actualidade un pavimento "moi dispar", o que "ten un impacto negativo na estética do núcleo".
Para acabar con esta descontinuidade, o proxecto municipal pretende substituír o pavimento actual por 15 centímetros de formigón cepillado de cor ocre e lastros nos lindes coas vivendas da zona, co fin de pór en valor a contorna da capela.
DANOS DAS RIADAS
Así mesmo, ambos os mandatarios tamén aproveitaron a reunión para falar do impacto que tiveron neste concello as intensas precipitacións e riadas rexistradas a comezos de xullo. Segundo explicou o alcalde de Monterrei, a choiva acompañada de sarabia arrastrou montaña abaixo pedras, terra e outros sedimentos que deixaron ao seu paso numerosos danos tanto en bens públicos como privados, afectando en particular a varias casas.
Neste sentido, Ángeles Vázquez comprometeuse a estudar co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) se existe algunha liña de axudas dispoñible á que poidan acollerse e optar os titulares das vivendas de Monterrei afectadas as riadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.