Os cargos do BNG tamén se apuntan ás procesións relixiosas

Un dos dirixentes locais do Bloque de Mondariz desfilou xunto cos concelleiros do PP no día grande das festas da Peña de Francia.

Por Galicia Confidencial | Mondariz | 22/08/2019 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Alexandre Estévez Gil é un dos homes fortes do BNG de Mondariz e unha das persoas da máxima confianza do alcalde, o nacionalista Emilio Barros. Este alto cargo local do Bloque participou en primeira fila cos concelleiros do PP no desfile e procesión relixiosa que se fixo no día grande das festas da Peña de Francia, o pasado 15 de agosto.

Alexandre Estévez Gil, alcalde pedaneo de Vilasobroso e nembro da dirección local do BNG de Mondariz, nun evento relixioso / remitida Alexandre Estévez Gil coa dirección do BNG de Mondariz / BNG
Alexandre Estévez Gil, alcalde pedaneo de Vilasobroso e nembro da dirección local do BNG de Mondariz, nun evento relixioso / remitida Alexandre Estévez Gil coa dirección do BNG de Mondariz / BNG

Alexandre Estévez Gil, que é tamén alcalde pedáneo da entidade local menor de Vilasobroso, estivo acompañada no interior da igrexa polas actuais concelleiras do PP, Ana Corredoira e Virginia Sotelinol, mentras o alcalde Emilio Barros e os dous tenentes de alcalde do BNG,Leopoldo Tato e Lita Carballo, agardaban na praza central de Mondariz.

Este feito pasaría por anécdota pero causou certa sorpresa en sectores da esquerda de Mondariz, e do propio BNG, cuxos principais dirixentes son contrarios á participar en eventos de tipo relixioso, e mesmo teñen criticado a dirixentes doutros partidos da esquerda por facelo, como é o caso de Yolanda Díaz, agora no núcleo duro de Pablo Iglesias.

Esta boa relación entre nacionalistas e populares en festas relixiosas coincide, ademais, co pacto acadado entre BNG, PSdeG e PP neste concello onde os populares apoiaron a investidura de Emilio Barros como alcalde a pesar de que a marea local, Alternativa por Mondariz, fora a máis votada.

O acordo do PP co BNG en Mondariz foi moi criticado por dirixentes nacionalistas, entre eles, o ex voceiro nacional desta formación Guillerme Vázquez. Con todo, a dirección do BNG apoiou este acordo alegando que fora o PP quen apoiara ao BNG e que non había pacto. Este caso foi xulgado de xeito diferente ao de Catoira, onde a Executiva nacionalista abriu expediente de expulsión aos seus edís por pactar co PP para que lle dera a alcaldía en detrimento do PSOE.

Alexandre Estévez Gil, alcalde pedaneo de Vilasobroso e nembro da dirección local do BNG de Mondariz, nun evento relixioso
Alexandre Estévez Gil, alcalde pedaneo de Vilasobroso e nembro da dirección local do BNG de Mondariz, nun evento relixioso | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 anonimo

Cando queremos buscala, atopámola, eh!!!. Quen non debe participar en actos relixiosos é un cargo electo NO EXERCIZO DO SEU CARGO, pero a nivel persoal, cada un que crea no deus que o botou, que para iso están.