Nova cabeceira económica na prensa dixital galega

Por Galicia Confidencial | | 16/04/2012 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O diario dixital económico catalán Economía Digital lanzou esta semana unha nova edición na comunidade autónoma galega. A publicación ten carácter bilingüe e conta con información propia producida no país.

A xornalista ex-redactora en Xornal de Galicia Cristina Díaz, desde A Coruña, coordinará os contidos da edición galega coa redacción central de Economía Digital. O proxecto empresarial está desenvolvida conxuntamente cun grupo empresarial galego reunido na sociedade Inversiones Representadas Digitales, SL, segundo informa a propia compañía.

"O número de visitantes converte ao diario dixital nunha das marcas líderes da prensa por internet en Catalunya, na súa dobre versión en lingua castelá e catalá", explica a nova cabeceira.

Dende o equipo de GC desexámoslle a mellor das sortes a este medio e aos que nacerán nas vindeiras semanas no país.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Catalina

Facía falla información empresarial e económica na nosa lingua e feita desde Galicia e para Galicia.