Villares: "Feijóo está instalado nun victimismo de bágoas de crocodilo"

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/08/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O portavoz do Grupo Mixto, Luís Villares, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a iniciar o novo curso político afastándose do "victimismo de bágoas de crocodilo" no que ao seu xuízo está instaurado como fórmula de "cálculo electoral cortoplacista".

En rolda de prensa, Villares censurou que nas declaracións do presidente galego durante a tempada estival se puido ver a un Núñez Feijóo "instalado no victimismo de bágoas de crocodilo" pola ausencia dos "pagos de fondos" por parte do Estado, sendo esa unha petición que non facía con Mariano Rajoy á fronte do Goberno central.

Segundo Villares, o presidente autonómico durante a xornada de onte na Festa da Vendima de Leiro da que Rajoy foi pregoeiro, "tivo a oportunidade de dicirlle" ao expresidente do Goberno que ese sistema é "herdado do PP" pero dixo que preferiu non facelo.

"Perdeu esa oportunidade porque cando se fan esas reivindicacións oportunistas non se fan pensando no interese xeral dos galegos e as galegas senón que se fan máis ben nun cálculo de oportunismo cortoplacista", afirmou.

Por tanto, Villares lamentou que o inicio de novo curso político mostra novamente a un PPdeG instalado en "o desgoberno" e na tónica de sempre "un esquilmado do territorio en beneficio propio", concluíu.

O portavoz de En Marea, Luís Villares.. EN MAREA - Arquivo
O portavoz de En Marea, Luís Villares.. EN MAREA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta