A Xunta contra o modelo de financiamento pactado con Cataluña: "Creba os consensos"

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, insistiu en que o Partido Popular non é "favorable" a que se estableza un sistema de financiamento en función da capacidade de recadar dun territorio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2025 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, sinalou que o novo modelo de financiamento pactado en Cataluña "creba os consensos" porque implica "cambiar o sistema de repartición" e supón a modificación de varios puntos da Constitución Española.

"Os máis ricos quedarían con máis diñeiro", asegurou para apuntar que o PP está "en total desacordo" con este novo modelo e "en total acordo" co que establece a lei. "Nos foros nos que se debatan estes asuntos, oporémonos con todas as nosas forzas", avanzou.

A preguntas dos xornalistas sobre esta cuestión, antes da celebración do Foro Ecómico na Coruña, Corgos manifestou que "a filosofía deste acordo creba totalmente os consensos que establece a Constitución" para indicar que para a súa aplicación "terán que cambiar as normas básicas do Estado".

Segundo explicou, "implica cambiar o sistema de repartición", o cal pasaría de basearse nas "necesidades de gasto da poboación de cada comunidade autónoma" aos ingresos, isto é, a "capacidade de recadar máis ou menos" de cada unha delas.

O titular de Facenda insistiu en que o Partido Popular non é "favorable" a que se estableza un sistema de financiamento en función da capacidade de recadar dun territorio. "Iso vai facer que se resinta o financiamiento dos servizos públicos e vai crear comunidades de primeira e de segunda", alertou. "Nós sempre nos oporemos a iso", apostilou.

"Non podemos entender que un partido que se chama socialista, que está á fronte do Goberno, defenda esa situación", engadiu, en alusión a un sistema que, na súa opinión, tradúcese en "máis para os máis ricos e menos para os que menos capacidade teñen de pagar impostos".

Rolda de prensa do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos / XUNTA - Europa Press / Europa Press
Rolda de prensa do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos / XUNTA - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta