"É verdade que os concellos asumen competencias que non son súas, pero tamén o fai a Xunta con competencias que son dos concellos", remarcou o vicepresidente e responsable da área de Presidencia, Diego Calvo.
  comenta   0
Dentro das comunidades autónomas gobernadas polos 'populares' existen varias previsións respecto dos prazos para acabar reformando o financiamento autonómico, xa que desde Andalucía, Murcia ou Galicia ven inviable que se poida dar durante esta lexislatura, en Castela e León non perden "a esperanza".
  comenta   0
Precisa que as comunidades recibirán en total 135.274 millóns de euros do sistema de financiamento autonómico durante o próximo exercicio.
  comenta   0
Un informe de Política Social sostén que o Goberno galego destina máis de 150 millóns ao ano para soster 7.005 prazas de residencias.
  comenta   1
O sistema de financiamento autonómico vixente foi aprobado no ano 2009 e, tal e como se contempla na normativa existente, debía ser revisado en 2014.Existe, por tanto, unha escandalosa demora de 7 anos que merece unha mínima reflexión previa.
  comenta   0
Segundo o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, a crise do prezo eléctrico vén motivada pola aposta de España "por pechar as centrais térmicas e depender exclusivamente do gas".
  comenta   0
"O que necesitamos é que o Ministerio concrete un marco xeral. Necesitamos concreción e explicitación no futuro", aseverou o presidente da Xunta.
  comenta   0
As comunidades teñen ata finais do próximo mes de xaneiro para enviar ao Ministerio as súas valoracións e achegas sobre esta proposta técnica de 240 páxinas.
  comenta   0
Replica ao BNG que a cota é "unha ruína para Galicia" e esixe o Goberno que traballe coas CCAA na repartición de fondos europeos.
  comenta   0
Existen certos intereses comúns entre Galicia e as seis CC.AA. presentes no cumio autonómico compostelán do martes 23-N, nomeadamente que o sistema de financiamento autonómico avalíe a xeito o espallamento e máis o avellentamento da súa poboación . Mais, á vista dos dados que ven de publicar a Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA) o financiamento público por habitante na Galicia (2.846 €/ano) é inferior ao de todos os territorios representados este día en Compostela, polo que partillar estratexia non semella bo camiño.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG, sinala que queren ser máis ambiciosos apostando por "un modelo de negociación bilateral que teña como punto final conseguir a xestión do 100 por cen dos recursos".
  comenta   0
Este encontro prodúcese a finais de novembro, mes que expuxera o Ministerio de Facenda como límite para presentar a súa proposta de reforma do modelo de financiamento autonómico e poder así empezar a negociar coas comunidades autónomas e os grupos parlamentarios.
  comenta   0
Pide a BNG e PSdeG un acordo para que Galicia teña "unha soa voz" en Madrid. O BNG replica ao conselleiro de Facenda que o obxectivo "non debe ser tender pontes" senón que "Galicia reciba un trato xusto".
  comenta   0
O órgano foi constituído este martes, aínda pendente de que as tres formacións do arco dean nomes propios para ocupala.
  comenta   0
Tamén apela a "deixar fóra a confrontación partidista" e que a "capacidade fiscal" non condicione a "equidade" no acceso aos servizos. A dirección constata discrepancias entre os seus 'baróns' e acepta que falen co PP.
  comenta   0